Conversa:Ali ibn Abi Talib

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Troca de título[editar a fonte]

Para o que cambiou o título de Ali ibn Abi Talib, para Ali ibn Abu Talib: Se vostede pode ler o nome en árabe poderá comprobar que está grafado como Abi e non Abu, con bastante claridade; a última letra é unha ya e non unha waw. Así que faza favor de repoñer Abi Talib; a razón de que non sexa ibn Abu Talib, como parecería lóxico excede meus coñecementos (aínda que sospeito cal é a razón, mais tería que comprobalo), pero, insisto, é o que está grafado en árabe - ip 213603030, 9-VII-2007

Comprobada a wikipedia en árabe, mantén Abi, eis "planchado o título":(nen sequer xa me deixa escreber pola dereita; vostede pode ver o terceiro grupo, desde dereita a esquerda, e nese terceiro grupo pode ver un álif, un ba, e un ya; só o alif ten signo vocálico, que corresponde a un "a", o ba está desprovisto de vogal, pero o ya último esixe que anteceda un i; de xeito que a única maneira que ten vostede de lelo é 'Abi (o i é longo); se se fixa pode comprobar que o mesmo final figura no primeiro grupo, sempre contando desde a dereita, pois aparece un ya final: ten tamén tres letras: un 'ayn (=a gutural), un lam = l, e un ya, vostede debe ler 'alí e no pode ler 'alú (ip 213603030, mesmo día, logo de perder máis tempo) علي بن أبي طالب