Conversa:Adria

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Seguro que Adrián ou Hadrián procede do topónimo, el non será do xentilicio latino Hadrienses ou Hadriani, ou ben de Hadrianus.--RNC 16:03, 13 novembro 2009 (UTC)

Segundo o Dicionario dos nomes galegos de Ir Indo procede de Hadrianus que á súa vez teñen a súa orixe en Hadria, polo que habería que matizar o texto.--RNC 16:11, 13 novembro 2009 (UTC)
Despois de consultar varias fontes parece que hai moita confusión sobre se a orixe da familia de Hadrianus (Hadriano) era Atri ou esta Adria, Hadria en latín, varias fontes como Stewart Perowne, algo antiga, ou John Hazel, máis moderna afirman que procedía da Hadria do Picenum, é dicir Atri, é mesmo posible que nin sequera se saiba, a orixe remóntase a varios séculos antes do emperador, e en todo caso a orixe do nome actual está no propio emperador non na cidade de orixe, aínda que o topónimo estea na base.--RNC 16:49, 13 novembro 2009 (UTC)