Conversa:Adquisición da linguaxe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Varias linguas[editar a fonte]

Neste artigo, no primeiro parágrafo, fálase dunha primeira lingua (que penso que é a chamada lingua "materna"), e logo fálase dunha segunda lingua, que tamén denomina lingua estranxeira.

Precisamente na Galipedia debería de se mencionar a posibilidade de máis dunha lingua "maternas" ou primeiras. Digo precisamente na Galipedia polo tema do Galego e mailo Castelán, pero tamén hai fillos de estranxeiros e nativos, e estes aprenden as linguas de ambos os dous proxenitores (polo que eu sei). Por exemplo, o fillo dun galego e un inglés que viva en Francia, aprenderá unha soa lingua?

alguén que entenda máis do tema que por favor faga as coreccións que correspondan, se corresponden.

Gracias.

--Gallaecio 17:00, 24 agosto 2007 (UTC)