Conversa:Abegondo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Que alguen redirecte a ligazón Cullergondo(Santa María) a Cullergondo, ou viceversa. --Adalbertofrenesi 16:11, 29 Nov 2004 (UTC)

Persoeiros[editar a fonte]

Copio aquí a sección que había no artigo xa que non se permiten este tipo de seccións nos artigos de concellos por ser subxectivas. Déixoa aquí por se a información é de interese para outros artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de agosto de 2017 ás 23:36 (UTC) Comezo texto extraído Antonio María de Parga e Puga, nado na Casa Grande de Vilacoba en 1780, participou na redacción da constitución de 1812. Foi Ministro de Gobernación con Fernando VII no trienio constitucional.[1][responder]

O marqués Juan Bautista Armada (1861-1932) foi escritor, naturalista e político durante o reinado de Afonso XIII, onde ocupou cargos en Madrid como ministro de Graza e Xustiza e de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas. O seu fillo, Juan Gil Armada, foi alcalde de Santiago de Compostela durante o franquismo, entre 1938 e 1941.

Antonio Quiroga, militar e político dono do pazo de Quiroga, destacou nos movementos revolucionarios de 1820 durante o reinado de Fernando VII. Chegou a ocupar a vicepresidencia das Cortes. Parte da familia mabegondesa dos Quiroga tamén foi Emilia Pardo Bazán.[2]

Salvador Etcheverría Brañas, quen exerceu como gobernador local en León e presidiu o comité Local do Partido Republicano Radical Socialista, residiu parte da súa vida na Peneda, en Abegondo.[3] Fin texto extraído

Grazas! Atopeinos buscando historia e non caera en que era mellor darlles a súa páxina.Mgl.branco (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 09:16 (UTC)[responder]
Mgl.branco, cando os crees ó metelos na categoría Nados en, xa quedarán subcategorizados en Abegondo. Por outra parte, os persoeiros que foran relevantes na historia do concello xa serán ligados nesa parte cando estea máis desenvolvida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 09:35 (UTC)[responder]

Referencias

  1. Rocha Carro, Juan José (novembro de 2012). "Antonio María de Parga y Puga, de San Paio de Vilacoba.- Ilustres de Abegondo". 
  2. Rocha Carro, Juan José (setembro de 2013). "Pazo de Quiroga, San Tirso de Mabegondo (Abegondo)". 
  3. Rocha Carro, Juan José (decembro de 2012). "SALVADOR ETCHEVERRIA BRAÑAS.- Ilustres de Abegondo". 

Seccións[editar a fonte]

O artigo debería seguir a estrutura de seccións de Wikipedia:Modelo de concellos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de agosto de 2017 ás 23:39 (UTC)[responder]

Guieime por outros dos principais concellos e non vira o modelo ampliado. Con todo véxolle incongruencias. O "clima" é parte da "xeografía"? Un espazos naturais declarados (que son un ecosistema) dentro de "cultura", pero deportes coa súa sección? etc. Coméntoo no modelo. Mgl.branco (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 09:16 (UTC)[responder]
Xa Mgl.branco, aínda non hai moitos artigos que sigan ese modelo, tan só era unha proposta de mellora. É posible que o modelo teña algúns problemas, por iso tódalas achegas son benvidas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 09:33 (UTC)[responder]

Atricondo[editar a fonte]

Boas, segundo o artigo a mansión romana Atricondo está neste concello, pero segundo o artigo Atricondo, está no concello de Coristanco. Alguén pode achegar máis información sobre o tema para aclarar esta discrepancia? Mgl.branco, sabes se é outra mansión co mesmo nome ou hai outro problema? Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2018 ás 09:26 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm! Vaia, cando citei eses artigos non me decatara de que a posición de Atricondo na Vía XX estaba en debate. Gracias a que o dixeches, revisei bibliografía e actualicei o artigo de Atricondo, e aquí indiquei que o paso polo Catromaior de Vizoño que é unha posibilidades que se valora.Mgl.branco (conversa) 27 de maio de 2018 ás 11:14 (UTC)[responder]
Grazas a ti Mgl.branco por amañar os artigos e achegar as referencias! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2018 ás 19:25 (UTC)[responder]
Mgl.branco, acabo de ver que o da Vía XX está comentado na introdución do artigo asegurando que pasa por Vizoño, non habería que amañar un pouco a edición desa parte para que concorde co que se indica no resto do artigo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 22:39 (UTC)[responder]
Ola! esquecín corrixir iso na introdución. Deixo a Vía citada aí só que preciso que é unha hipótese.Mgl.branco (conversa) 9 de xuño de 2018 ás 20:43 (UTC)[responder]
Moitas grazas Mgl.branco, agora concorda todo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2018 ás 22:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Abegondo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de xaneiro de 2019 ás 02:27 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Abegondo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de abril de 2019 ás 02:05 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Abegondo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de xuño de 2019 ás 20:50 (UTC)[responder]

Toponimia[editar a fonte]

En "Os nomes dos concellos da provincia da Coruña" hai unha explicación distinta da orixe do topónimo pdf visualización do ficheiro Toponimia Municipal A Coruña (academia.gal) Lles (conversa) 9 de agosto de 2021 ás 12:33 (UTC)[responder]