Conversa:A víbora negra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aparenta non existir[editar a fonte]

Por que non aparece este artigo cando emprego o buscador? --Uxío 01:41, 10 febreiro 2008 (UTC)

  • Probabelmente é un problema co acento, lembra que a wikipedia é sensíbel a maiúsculas e acentos. --emilio juanatey(talk) 09:48, 10 febreiro 2008 (UTC)
    • Non, non é iso. E o caso é que desde o artigo dedicado a Rowan Atkinson tampouco se recoñece a existencia deste no que debera ser unha ligazón.--Uxío 11:16, 16 febreiro 2008 (UTC)
      • Era unha cuestión ortográfica, aparecía con v.--Pedro K 11:19, 16 febreiro 2008 (UTC)

Gravacións da serie?[editar a fonte]

Non sei se este é o sitio correcto onde formular esta pregunta, pero, alguén ten gravacións desta serie? Das mesmas poderíanse sacar máis datos para o artigo. --Uxío 01:44, 10 febreiro 2008 (UTC)

Boas, no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia existe unha recopilación da serie, aínda que está en castelán.

Hai un pequeno artigo no especial 25 anos da CRTVG: https://www.crtvg.es/cultural/especiais/a-vibora-negra Como curiosade as voces, alomenos a das personaxes principais, son as mesmas en galego e en castelán.

E eiquí varias informacións sobre a dobraxe en galego dende Vieiros.com: https://vieiros.com/buscador/?simple=1&buscar=v%C3%ADbora+negra

Cambio de nome[editar a fonte]

Non haberia que cambiar o nome a Blackadder pois é o titulo de orixén e penso que non se pasou en galego--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 13:40, 5 de xuño de 2011 (UTC)

Si temos versión en galego, Alfonso.[1] --Atobar (conversa comigo) 14:57, 5 de xuño de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en A víbora negra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 22:57 (UTC)[responder]