Conversa:A sereíña (estatua)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo "Sereíña", que é o que propuxen pra eliminar, creeino sen decatarme de que xa existía "A Sereíña (estatua)". Agora mesmo este último artigo é unha mestura de ámbolos dous, polo que o de "Sereíña" non aporta nada distinto--Lala Lugo 18:07, 22 xullo 2009 (UTC)

AXUDA!! Que é iso de que a foto non vale???[editar a fonte]

Non sei quen me vai poder aclarar esta dúbida... acabo de recibir unha mensaxe de commons de que a miña foto da sereíña non vale porque a sereíña de Copenhague ten dereitos de autor, é isto certo ou é unha tomadura de pelo?? Mirando as outras wikis todas teñen foto da sereíña!!! Por que a miña non vale?? Se inda por riba é unha foto na que se vé de marabilla e non esa que hai na versión inglesa que está chea de turistas... por favor que alguén me aclare este punto!!! Grazas mil!!!--Lala Lugo 23:17, 25 xullo 2009 (UTC)

  • Sei que o que chaman "dereitos de panorama" (fotografías no exterior) difire segundo os países. Hai pouco houbo que borrar unha foto dunha estatua de Paco Leiro en Francia porque alí existe ese dereito, mentres que en España calquera estatua na rúa é fotografiable. Nin idea do que pasará en Copenhague. Consulta a Lmbuga que deste tema controla moito máis cos demais. Mentres tanto, le a advertencia que ten Commons sobre esta estatua:
  • Warning: The Little Mermaid is considered a copyrighted work of art by Edvard Eriksen (died 1959) according to Danish law. Thus the copyright for this work of art expires on 1 January 2030. Images of the statue may be considered derivative works. Successors of the sculptor are known to file claims against any derived work used commercially as explained in this article. Under Danish law, freedom of panorama does not extend to works of art that are located in public places if such a work constitutes the central element of the resulting picture.Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:37, 25 xullo 2009 (UTC)
    • Aínda non indaguei nada, pero pode que a cousa vaia no termo legal "liberdade de panorama". Pode que en Dinamarca non exista tal liberdade. O que me parece extraño é que permitan outras imaxes, e non xusto a túa. Quizais permiten as outras porque non están centradas na estatua, senón que aparecen máis elementos, como os turistas que dis (supoño que serán resquicios legais para salta-la prohibición). Pero como dixen, non sei aínda. Mirarei o tema. Alberte Si, dígame? 23:38, 25 xullo 2009 (UTC)
      • Adiantóuseme Lameiro, e semella que iamos polo correcto. A clave de por que non permiten a túa e si outras é que o work constitutes the central element of the resulting picture. Por iso as imaxes máis abertas, que incorporan outros elementos, permítense. Iso da liberdade de panorama é unha carallada, pero hai que se aguantar, desgraciadamente. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:41, 25 xullo 2009 (UTC)
Polo pouco que entendo dos direitos de autor, polo que vexo en commons e o que aprendin de Lmbuga e XabierCid :
  1. non fan 70 anos que morreu o escultor da estatua, polo tanto herdeiros poden ter direitos
    en certos países, Dinamarca, Francia unha obra de arte, por estar esposta fora non esta polotanto no dominio publico, conserva direitos de autor e sen permiso non se lle pode facer fotos de preto (non sei os metros requiridos).
  2. en conclusion non podes fotografíar a estatua de preto. Para que non se vexan turistas, tes que agardar un momento ... sen turistas (D:) ElviraConversa comigo 23:43, 25 xullo 2009 (UTC)

P.S. : Vexo que Lameiro e Alberte adiantaronse ! Andamos a competir ! Saúdos a todos ElviraConversa comigo 23:47, 25 xullo 2009 (UTC)

Pois agora si que non entendo nada, porque acabo de muda-la foto por unha que está "autorizada" e sen embargo aparece só a sereíña sobre as penas... Da igual, será que non lles gusta a miña, a ver se deixan quedar esta que xa me esta a cansa-lo tema do copyright...--Lala Lugo 08:57, 26 xullo 2009 (UTC)

Fusíón[editar a fonte]

Concordo co preferencía para titulo A sereíña (estatua)ElviraConversa comigo 23:58, 25 xullo 2009 (UTC)

Interwiki[editar a fonte]

Agardo que se faga a fusión para levar o artigo definitivo nas outras WP (ainda que creouse o 4 de novembro 2008 , non está nas outras linguas ElviraConversa comigo 23:58, 25 xullo 2009 (UTC)

Antes da fusión[editar a fonte]

Eu creo que se pode redireccionar deste cara ao outro, A Sereíña, porque toda a información que aparece aquí xa está no outro e mellor explicado. Que dicides? --Atobar (conversa comigo) 20:30, 15 setembro 2009 (UTC)