Conversa:A homosexualidade na historia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

a cita "Este foi o crime da túa irmá Sodoma: orgullo, voracidade, indolencia da dolce vita tiveron el e as súas fillas; non socorreron ó pobre e ó indixente" tomeina de CHAO REGO, X. (1999), A condición homosexual, Galaxia. Vigo. ISBN 8482882686. Existe nela unha incorrección: o complemento directo aparece indicado cun ó cando debería ser un o. Tendo en conta que se trata dunha pasaxe do libro de Ezequiel, e que non sei está traducido por Chao Rego ou se el xa refire unha tradución anterior, opto por manter a forma literal referenciándoa. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 16:02, 22 de xuño de 2010 (UTC)

  • Que tal se chantamos un [sic], para indicar que é incorrecto pero a cita é así? --Toliño Fala aquí comigo 16:12, 22 de xuño de 2010 (UTC)
    • ¿E cando citemos a Castelao ¿outro [sic] despois de Hespaña? Ou con Risco ou Otero Pedrayo ¿outro tralo seu uso anómalo -visto coas regras de hoxe- da segunda forma do artigo? Pedro --Lameiro (conversa) 16:45, 22 de xuño de 2010 (UTC)

¿Neutral?[editar a fonte]

Coido que o que aparece na parte inicial do artigo non é moi neutral, sobre todo esta frase en concreto: "Os diferentes réximes políticos e ideolóxicos valéronse da reprobación de certas formas de sexualidade para exerceren sobre o individuo o seu control". Comezando porque non tódalas ideoloxías ou réximes reprobaron algunha forma de sexualidade (hai casos en que en sociedades tribais permítese actos sexuais con nenos ou mesmo con familiares), aquelas que si o fan, chegar a afirmar que esa reprobación ten como obxectivo último o control do individuo é mais que discutible. Cando menos esa afirmación debería estar referenciada. Saúdos.--Ric delg (Falemos) 21:53, 22 de agosto de 2010 (UTC)

Feito! Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:17, 22 de agosto de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A homosexualidade na historia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 22:46 (UTC)[responder]