Conversa:A familia de Carlos IV

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axuda!!:Problema con referencia[editar a fonte]

Por algunha razón que descoñezo, ao intentar poñe-la referencia "ref name=Análiseobra/" de xeito abreviado dame erro, alguén me pode dicir que estou facendo mal? Necesito poñela no texto para referenciar parte da información correctamente. Grazas!--Lala Lugo 20:08, 29 xullo 2009 (UTC)

Creo que é polo til, que non pode levalo, senón non o interpreta. A ver se xa está solucionado. Alberte Si, dígame? 20:57, 29 xullo 2009 (UTC)

Si, sen til xa funciona, vou engadi-las que faltan. Grazas!--Lala Lugo 21:04, 29 xullo 2009 (UTC)

Os nomes dos restantes príncipes e reis da familia real española que aparecen citados embaixo SI se deberían traducir a unha versión galega. Todos sen excepción son príncipes, logo reis, e até raíñas dos seus respectivos países, xa que logo, tildalos de "segundóns" paréceme unha pretensión moi desacertada. De todos os xeitos, supoño que haberá unha política que regulamente a tradución dos nomes da galipedia, e como vexo que no resto dos artigos si se traduce, acho que a mesma coherencia que se aplica nos restantes nomes de personaxes nobiliarios, repito non secundarios pois todos eles teñen un peso de seu na monarquía do seu momento (até reis), son traducidos. Un saúdo. --Nonso91 18:55, 16 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A familia de Carlos IV. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 22:45 (UTC)[responder]