Conversa:3 de abril

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O número de fotos parece excesivo. Debería ilustrar e alixeirar a lectura, non cargala. Deixaría dúas, unha por mortes e outra por nacemento, e sempre á dereita da pantalla. --Atobar (conversa comigo) 16:49, 2 abril 2010 (UTC)

Tendo en conta que este é un tema moi subxectivo, penso que esa e unha opinión persoal túa. Eu opino todo o contrario. --HombreDHojalata conversa 17:34, 2 abril 2010 (UTC).

Copiado de conversa referido ao número de imaxes entre os usuario HombreDHojalata e Atobar[editar a fonte]

  • Para poñer unha imaxe de Alonso non fai falla que destrúas o meu traballo, levo unhas cantas horas traballando nel e está ben feito, penso. --HombreDHojalata conversa 17:10, 2 abril 2010 (UTC).
Non destrúo o teu traballo, HombreDHojalata. Como deixei dito na páx. de conversa dese artigos non se pode facer tan pesada a lectura cargándoa de imaxes. As imaxes ilustran e alixeiran, pero en ningún caso deben desvirtuar o artigo. Se queres cambiar a imaxe de Alonso por calquera outra tocante aos acontecementos, adiante. A min Alonso nin me vai nin me vén, pero como as outras dúas imaxes (as que considerei máis relevantes) eran de dous norteamericanos, parececeume correcto meter unha de Alonso, malia que nin me guste Alonso nin me guste o automobilismo. En calquera caso, aquí nada está rematado así que se atopas outra imaxe dun acontecemento que creas máis relevante ou acaído, adiante co varal. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:15, 2 abril 2010 (UTC)
A imaxe de Alonso paréceme perfecta. O de "pesada a lectura cargándoa de imaxes" e que "desvirtuan o artigo" paréceme que é unha opinión moi persoal túa, non responde a ningunha política oficial e eu (e seguramente algún que outro usuario da enciclopedia tamén) opino todo o contrario. HombreDHojalata conversa
  • O de "hai por costume meter unha imaxe do que xa di nunha das liñas"... que queres que che diga, desfacer o que fixo un editor por "hai por costume"... eu penso que co outro sistema gañamos espazo para unha efeméride máis. As seis que marcan as políticas e maila da foto. É un resume moi pequeno das ducias que hai no artigo do día en cuestión. --HombreDHojalata conversa 17:27, 2 abril 2010 (UTC).
Cito textualmente: Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan.[1]. Por se había dúbidas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:32, 2 abril 2010 (UTC)
Tes razón, di "sería bo". Entón o motivo do cambio non é "a costume" é "a política", son cousas diferentes. Por se había dúbidas. Un saúdo. --HombreDHojalata conversa 17:40, 2 abril 2010 (UTC).

Opinións[editar a fonte]

  • Prefiro a proposta de Atobar; unha imaxe por sección (acontecementos, nacementos, mortes,... e máis se houbera) xa está ben. Dese modo a páxina cargará antes e, por outra banda, as imaxes serven coma reforzo ós artigos, e neste caso son meras enumeracións de páxinas sen máis relación entre si que a coincidencia temporal. A proposta de HombreDHojalata ten a favor que resulta máis chamativo un artigo ligado cunha imaxe pero creo que, sobre todo por mor da natureza destas páxinas, quizáis sexa mellor con menos imaxes. Saúdos. --Iago dime 18:21, 2 abril 2010 (UTC)
  • Non hai unha proposta máis correcta ca outra, meis persoalmente prefiro a proposta de Atobar, que é máis diáfana. Outro xeito sería facer as imaxes máis pequenas, colocándoas todas á dereita de xeito que entre algunha máis. --Alberte Si, dígame? 18:30, 2 abril 2010 (UTC)
  • Toda proposta é válida. A máis sinxela é de unha imaxe por sección: dá menos traballo e co tempo sobrante pódese pasar a outra cousa, queda curioso abondo, e ademais cando hai imaxe á dereita e á esquerda á vez (non estou en contra disto se se usa con moderación e por algunha razón especial, pero non repetidamente) non axiliza moito a lectura e ás veces acaba destacando máis que o texto (se se fai repetidamente). --Xoán Carlos Fraga 18:37, 2 abril 2010 (UTC)
  • Como curiosidade, o artigo equivalente en alemán ten dezaoito imaxes. Eu entendo que o tema de poñerlle ou non poñerlle imaxes, e cantas, é un tema de gustos, outra cousa mais delicada e, cando un editor pasou unhas horas de traballo, borrarllo, cando o traballo é correcto. Non sei que problema hai en que a imaxe destaque mais que o texto, sempre unha imaxe destaca mais cun texto, un texto e un convencionalismo artificial, unha imaxe vale mais que mil palabras, o home interpreta as imaxes dende que é home e inda antes. As listas de efemérides non son artigos en si. Eu entendo que o obxectivo é atraer a atención cara os artigos verdadeiros. É mais didáctico, educativo, atractivo, atrainte... o texto ou a imaxe? Que é o que vai espertar a curiosidade dos escolares que van consultar a enciclopedia, unha morea de texto? Non esquezamos que o obxectivo da enciclopedia e ser consultada, non ser editada. Tampouco hai que esquecer que o artigo, como calque outro, non está rematado, nunca o estará, anímovos a tódolos que aquí falades a engadir texto para aumentar a proporción texto/imaxes, engadir e non retirar contidos correctos ao artigo. --HombreDHojalata conversa 19:03, 2 abril 2010 (UTC)
Con respecto a que un artigo con menos imaxes carga antes... é unha verdade coma un templo. Onde poñemos o límite? Cando empezamos a eliminar as sobrantes neste e noutros artigos?... Con respecto a "unha imaxe por sección dá menos traballo e co tempo sobrante pódese pasar a outra cousa" e outra verdade incuestionable, a pena e que xa adiquei parte do meu tempo a ese traballo e xa perdín de facer outra cousa, dentro ou fora da Galipedia. Por favor vexan o historial do artigo, o contido que tiña as 12 da maña, e o contido que ten agora, non pasara de tres liñas en cinco anos. E non é unha tradución automática, está feito revisando artigo por artigo, liña por liña, partindo de aquí. --HombreDHojalata conversa 19:33, 2 abril 2010 (UTC)
Outras curiosidades. O artigo en xaponés ten 17 imaxes, incluso coincidimos nalgunha das elixidas. En varios artigos, en varios idiomas, o artigo 3 de abril ten imaxes a dereita e esquerda, nalgúns casos varias por apartado, e curiosamente en moitos casos as imaxes son as mesmas que eu escollín para o noso. --HombreDHojalata conversa 20:26, 2 abril 2010 (UTC)
    • Estou totalmente de acordo que non se deben borrar imaxes de alguén que o estivo currando, iso é verdade. E desde logo eu son dos que me gusta encher os artigos de imaxes, e cando non hai, pois o artigo pode ser moi enriquecedor textualmente, pero nada atractivo e perde moita pedagoxía. As imaxes retémolas na mente sen esforzo ningún e numerosas veces unha imaxe aclara máis que un parágrafo (aínda que estea ben redactado). Dixen -e sigo pensando- que ambas as propostas son válidas, e a min o que non me gusta é imaxes á vez aos dous lados reiteradamente -opinión persoal- , pero claro o de moito e pouco (de imaxes) tamén pode ter subxectividade. Penso que debemos buscar un punto de encontro e non poñer unha norma estrita de limitación en ningún dos dous sentidos, a de unha soa imaxe por sección pode ser extremista -sempre se pode xogar con estender o texto, imaxes máis pequenas etc-, a de poñer imaxes 200px ou máis á dereita e esquerda á vez durante todo un artigo ou efemérides a min tamén me parece excesivo (non se interprete que haxa que cambiar a do día 3 de abril, ese é un traballo feito e ben está); mais para acabar, tampouco me parece un debate dos importantes. HombreDHojalata, Atobar e demais: as diferenzas de opinión son inevitables en calquera traballo ou diversión :), o importante é o que une. Saúdos cordiais a todos. --Xoán Carlos Fraga 20:48, 2 abril 2010 (UTC)
      • Polo que eu lembro, e falo de oídas, os artigos dos outros 364 días do ano non conteñen imaxes. Poden engadirse, naturalmente, pero a cuestión está na necesidade de que as teñan (o aspecto didáctico que di Xoán Carlos) e o número "lóxico" delas (nótense as comiñas). Non teño nada en contra de ilustrar este tipo de artigos, pero gústame o equilibrio e, neste caso, este día está claramente desequilibrado. Sinceramente, creo que con 2-3 fotografías abondaría xa que a foto dun nacido ou morto en tal data non achega nada ó artigo, non alixeira a lectura e non dá nin quita pedagoxía. Unha soa imaxe por sección, como norma, sería máis que suficiente e xa veremos se algún caso particular esixe máis imaxes (a excepción que equilibra toda norma). Pedro --Lameiro (conversa) 21:23, 2 abril 2010 (UTC)
  • Parece que chego cando xa está todo o pano cortado. O que non comprendo é por que se discute sobre se este artigo debe ter máis ou menos imaxes, a discusión tería sentido se falásemos do número de imaxes que debe ter calquera artigo. En calquera caso, o feito, feito queda, pareceríame moi irrespectuoso desfacer o traballo feito cando foi para mellora. Eu son dos que meten imaxes a esgalla e non vería ben que se me botase para atrás con argumentos como que tarda máis en cargar ou similares. De todos os xeitos, que todos os problemas sexan este, meus. --Xoacas(góstache o pemento?) 21:46, 2 abril 2010 (UTC)
  • A discusión está en cantas imaxes ou en que proporción deben ir nos artigos dos días do ano. Falamos dos 365(6), non só deste 3 de abril en concreto. Ou polo menos aí entendo eu que está o interese da discusión. Por outra banda, estou de acordo con Lameiro: tres parecenme que son imaxes abondas, e se decidimos que unha ou ningunha tamén me ha parecer ben. Máis, créoo excesivo (falo destes 365 artigos, insisto). E unha puntualización, polo si ou polo non: eu retirei imaxes e deixando tres aliñadas á dereita, non desfixen ningún traballo de ninguén; aquelei as imaxes porque o crin necesario como mellora, que é moi distinto. Nin unha liña de texto toquei. Déixoo dito para que non haxa malos entendidos. --Atobar (conversa comigo) 22:25, 2 abril 2010 (UTC)
Pois eu pensaba que estabamos a falar das imaxes (co seu correspondentes pes de foto) que borraches deste artigo, e que propuxeches volver a borrar por segunda vez. En canto a futuras, posibles, teóricas, posteriores ... edicións que ninguén, en ningún momento, dixo que faría en ningún outro artigo de efemérides... paréceme ben, unha imaxe por apartado, estupendo, concordo con todo, magnífico. Eu, dende logo, non penso engadir mais dunha por apartado, non teñades medo. --HombreDHojalata conversa 22:40, 2 abril 2010 (UTC).
  • Creo que malentendidos non está habendo, que para iso están os historiais: para lelos con coidadiño. Se eu teño que escoller entre as dúas versións, prefiro a de Atobar, pero por puro gusto persoal que non podería defender, como non se pode defender que sexa mellor usar garabata. Ademais estoume decatando de que o papel das imaxes nestes artigos de efemérides non é tan ilustrativo como nun dos outros, máis ben é "incitativo", como dicindo "entra aquí e olla isto". En principio unha foto por sección debería abondar para tentar ao lector. --Xoacas(góstache o pemento?) 01:42, 3 abril 2010 (UTC)
  • Estiven traballando encollendo a fotos, botándoas a dereita, e aumentando o contido en texto do artigo, penso que, con eses cambios, o das dúas propostas xa non ten moito sentido. --HombreDHojalata conversa 10:56, 3 abril 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en 3 de abril. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 21:40 (UTC)[responder]