Conversa:28 de marzo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marc Chagall[editar a fonte]

Marc Chagall era un un ruso xudeu. Non existe a máis mínima discusión entre os biógrafos. Así comezan, sen ir máis lonxe, as wikipedias inglesa e francesa:

Marc Chagall (July 7, 1887 – March 28, 1985) was a Russian painter of Jewish origin. Marc Chagall (7 juillet 1887 - 28 mars 1985) était un peintre biélorusse d'origine juive.

Bieloruso en concreto, se se quer. O problemático pode ser o epíteto "francés" que empregan algúns e que se debe a que vivíu exilado en Franza. Pero dicer que era francés é como dicer que Einstein era norteamericano!

Por certo, os dous eran xudeus. Pero se no caso de Einstein non ten tanta relevancia, no de Chagall si, só fai falta ver a sua obra. Xosé(fala-lle)


[O seguinte escrebeu-e na páxina de User:Xosé, pero este é un lugar máis apropiado]]

A cuestión aparentemente insignificante da nacionalidade de Marc Chagall, encubre un problema de maior calado, que se presenta cando os datos poden parecer dubidosos. Con frecuencia as fontes de internet non son del todo fiables, nin a mesma wikipedia (véxase, por exemplo, o caso dos países que forman parte de Europa na wikipedia inglesa). É Marc Chagall francés, xudeo e/ou ruso?, penso que a redacción que máis se achega a realidade é: Marc Chagall, pintor francés, xudeo de orixe rusa.

Recoñezo que cando escribín a liña que reseñaba a morte de Marc Chagall non verifiquei que efectivamente tiña a nacionalidade francesa (pero digamos que hai un punto entre as licenzas que se toman os medios de comunicación continuamente, e a rigurosidade de verificar todos e cada un dos datos cando se creen certos -ollo, non digo que non se verifiquen-). Se nós poñemos o dato do nacimento dunha persoa nun artigo é porque é relativamente fácil de comprobar, e porque comunica unha información sobre esa persoa. Non é mesmo que sexa ruso que francés, se é francés intuímos uns rasgos definitorios distintos a ser ruso ou de Grenlandia. Os galegos sabemos moito diso, milleiros de galegos non naceron en Galicia.

En resumo, cada vez me gusta máis esta wikipedia!! porque por unha palabra pode abrirse un debate profundo. E dese xeito chegar ao dato certo. O museo Guggenheim na biografía de Chagall adopta a estratexia de evitar calquer dato que poida comprometer a reseña (esa é unha posible solución técnica, semella escasa na miña opinión http://www.guggenheimcollection.org/site/artist_bio_28.html ). Outros lugares como dicía Xelo2004 non se poñen de acordo. Para resolver o tema só queda buscar os medios para verificar se Marc Chagall era francés ou non. Sí era francés, nacionalízouse francés en 1937, por iso, creo que a redacción máis correcta é: Marc Chagall, pintor francés, xudeo de orixe rusa. Inclúe todos os datos relevantes en poucas palabras. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:38, 29 Mar 2005 (UTC)


  • Desde que escrebin o anterior estiven dando-lle forma a distintas alternativas, especialmente polo que supón de precedente para casos semellantes. Concordo con todo o que dis, User:Prevert, en particular da significancia que poden ter certas descricións. Por se acaso, poño aquí un par de ideas alternativas e logo votamos. Creo que é indiferente se era ruso ou bieloruso, pero non sei.
    • Marc Chagall, pintor vangardista de orixe xudea [bielo]rusa, nacionalizado francés
    • Marc Chagall, pintor vangardista xudeo [bielo]ruso de orixe, exilado en Franza

Xosé(Falarlle) 16:47, 29 Mar 2005 (UTC)