Conversa:15 de agosto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo "La Voz de la Escuela", 30.05.2007, o Canal de Panamá abriuse ó tráfico o 7 de xuño de 1914. Non obstante, o resto das fontes consultadas coinciden na data do 15 de agosto. Aínda así, parece ser que xa o 7 de xaneiro do mesmo ano, rematando as obras, un barco-grúa atravesou todo o canal [1]. Pedro. --Lameiro 00:05, 16 xuño 2007 (UTC)

Creo que se refiren a cousas diferentes, a apertura oficial foi o 15 de agosto pero o primeiro navío que o atravesou foi o Alliance o 7 de xuño. O que non quita que barcos da propia compañía, como o caso do barco-guindastre, probaran o traxecto anteriormente.Acerto 08:12, 16 xuño 2007 (UTC)