Conversa:Áloe vera

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Polo que puiden comprobar o nome recollido nos nosos dicionarios é simplemente áloe, aloe vera é o nome científico (segundo a clasificación de Burm, pero hai outras clasificacións que lle dan outros nomes científicos), entre nós é coñecido por un anuncio que aparecía hai anos nas televisións e revistas, supoño que por iso se emprega o nome científico como se fora o vulgar, algo que pasa tamén no castelán onde o DRAE recolle como forma vulgar simplemente aloe ou áloe. No DRAG non aparece esta planta.--RNC 22:40, 22 novembro 2008 (UTC)

  • Non me atrevo a mudar a páxina por se nas guías botánicas máis especializadas aparece recollida como áloe vera.--RNC 22:46, 22 novembro 2008 (UTC)

Eu penso que é unha boa fonte, do SNL da USC, subvencionada pola Xunta. Alberte Si, dígame? 22:49, 22 novembro 2008 (UTC)

  • Non teño reparos en que quede como áloe vera se como é o caso hai un vocabulario especializado que recolle esa forma.--RNC 22:52, 22 novembro 2008 (UTC)