Convento dos Cordeliers
Coordenadas: 48°51′02″N 02°20′28.69″E / 48.85056°N 2.3413028°E
O Convento dos Cordeliers (en francés: Couvent des Cordeliers) era un convento situado na vila de Paris (Francia) erixido en 1259 no reinado de Luís IX de Francia, co importe dunha multa pagada en reparación por un asasinato.
En 1590 converteuse na guarida dos máis famosos membros da Liga Católica.[1] Deu o seu nome ao Club dos Cordeliers, quen tiveron os seus primeiros encontros neste lugar durante a Revolución Francesa.
Cordeliers foi o nome dado en Francia aos Franciscanos observantes, tamén coñecidos como Orde de Frades Menores (Ordo Fratrum Minorum [O.F.M.]).
Parte do convento foi absorbido pola Escola de Medicina de Paris e o que queda garda o Museo Dupuytren de anatomía, conectado coa mesma escola.
Notas [editar]
- ↑ Chateaubriand, Libro IX, Cap. 3