Convento Asturicense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Convento asturicense»)
Extensión do conventus asturicensis dentro da Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século III dentro do Imperio Romano.

O Convento Asturicense[1] (en latín: Conventus Asturicensis), foi unha entidade administrativa romana sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Asturica Augusta (Astorga), a cidade máis importante do convento e que rexia económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o propio mar Cantábrico entre os ríos Navia e Sella.Na cara occidental, lindaba co Conventus lucensis nos Ancares ata O Courel, e na Serra de Tras-os-Montes (Portugal) co Conventus bracarensis. Polo leste, lindaba co Conventus Cluniensis, que orixinalmente formaba parte da provincia tarraconensis e que finalmente acabaría por integrarse na Gallaecia antes do século V. Foi o territorio orixinario dos ástures.

Notas[editar | editar a fonte]