Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Convención para a prevención e a sanción do delito de xenocidio é un documento de Nacións Unidas. Foi creado pola resolución 96 da Asemblea Xeral do 9 de decembro de 1948, aínda que non entrou en vigor ata o 12 de xaneiro de 1951. Nela, recoñécese o xenocidio como un delito perseguible polo dereito internacional, ademais de definirse dito delito de xenocidio. Foi asinado por 41 países, sendo xa ratificado por 133. Os últimos países en unirse ao tratado foron Iugoslavia, o 12 de marzo de 2001, e Guinea e Suíza, o 7 de setembro do 2000. O seu contido considérase de ius cogens, ou, polo menos de contido erga omnes.

A pesar de que Iugoslavia reafirmou a súa vinculación a este tratado. A Corte Internacional de Xustiza sinalou que aínda existindo dúbidas sobre as obrigacións do Estado Serbio (logo da disolución da República Federal de Iugoslavia a inicios dos noventa), Serbia debía respectar as obrigacións do Artigo IX.

Este tratado é fundamental para o dereito internacional. No seu artigo segundo, defínese o que as Nacións Unidas entenden por xenocidio:

Artigo II: Na presente Convención, enténdese por xenocidio calquera dos actos mencionados a continuación, perpretados coa intención de destruír, total ou parcialmente, a un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso, como tal:
a) Matanza de membros do grupo;
b) Lesión grave á integridade física ou mental dos membros do grupo;
c) Sometemento intencional do grupo a condicións de existencia que leven á súa destrución física, total ou parcial;
d) Medidas destinadas a impedir os nacementos no seo do grupo;
e) Traslado por forza de nenos a outro grupo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]