Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas é un Tratado internacional que regula as relacións diplomáticas entre os países e a inmunidade do persoal diplomático. Foi adoptada o 14 de abril de 1961 en Viena (Austria) e entrou en vigor o 24 de abril de 1964. Foi complementada en 1963 pola Convención de Viena sobre Relacións Consulares. 174 Estados pertencen á Convención e nos poucos Estados que non asinaron o documento, as súas disposicións aplícanse como Dereito Internacional consuetudinario.

Existen dous Protocolos adicionais á Convención, ambos do 18 de abril de 1961:

  • Protocolo facultativo sobre adquisición de nacionalidade,
  • Protocolo facultativo sobre a xurisdición obrigatoria para a solución de controversias.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]