Convención de Aarhus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Convención de Acceso á información, participación pública na toma de decisións e acceso a xustiza en temas medioambientais da Comisión Económica das Nacións Unidas para Europa, máis coñecida simpñemente como Convención de Aarhus asinouse o 25 de xuño de 1998 nesa cidade danesa e entrou en vigor o 30 de outubro de 2001. Ata 2009 fora asinada por 40 países e a Unión Europea ratificada por 41 países e a UE. Os países ratificantes obríganse a aplicar medidas que garantan o acceso a información, e a participación na acción de goberno e o acceso á xustiza en todo o relacionado cos asuntos medioambientais tanto no nivel local, nacional como transfronteirizo para garantir que os cidadáns vivan nun medio ambiente adecuado para a saúde.