Conurbación de Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florida nunha imaxe de satélite.

A conurbación de Florida é o fenómeno urbano caracterizado pola continuidade da superficie edificada na costa da península de Florida, nos Estados Unidos.

Características[editar | editar a fonte]

Nas últimas décadas, e de maneira acelerada, a península de Florida estase a converter no lugar de retiro do leste do país, debido á súa situación subtropical entre o océano Atlántico e o golfo de México. A consecuencia desta caracterización territorial é a urbanización das súas costas cheas de praias nun continuo humanizado dende os caios, no extremo sur, pasando pola área de Miami, a máis importante de toda a rexión, na costa atlántica, ata Fort Pierce e Vero Beach. Na costa oeste, o conglomerado urbano de Tampa-St.Petersburg alóngase polo sur por Sarasota, Port Charlotte, Fort Myers ata a área de Naples.

A unión dos dous continuos costeiros efectúase no centro da península coa área metropolitana de Orlando, de recente crecemento. A falta de praias, esta zona especializouse en xigantescos parques de atraccións e temáticos (Disney World o máis senlleiro). Cara a Tampa, mediante as áreas intermedias de Lakeland-Winter Haven; cara ao nordeste, enlaza coa aglomeración costeira de Daytona Beach, o centro espacial JFK de Cabo Cañaveral e pola área de Melbourne-Palm Bay pecharía o círculo uníndose coa devandita área de Vero Beach.

No interior, separando os aglomerados costeiros, está o parque pantanoso e protexido dos Everglades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]