Control Room

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Control Room
Ficha técnica
Título orixinalControl Room
DirectorJehane Noujaim
ProdutorHani Salama
Rosadel Varela
GuiónJulia Bacha
Jehane Noujaim
MúsicaThomas DeRenzo
Hani Salama
FotografíaJehane Noujaim
MontaxeJulia Bacha
Lilah Bankier
Charles Marquardt
Alan Oxman
DistribuidoraMagnolia Pictures
Estreaxaneiro de 2004 (no Festival de Cinema de Sundance)
Duración84 min.
OrixeEstados Unidos
XéneroDocumental
Orzamento~$60,000[1]
Na rede
IMDB: tt0391024 Filmaffinity: 753426 Rottentomatoes: m/control_room Allmovie: v301103 Metacritic: movie/control-room TV.com: movies/control-room Editar o valor em Wikidata

Control Room é un documental do 2004 sobre Al Jazeera e a súa relación co Comando Central dos Estados Unidos (CENTCOM), como tamén doutros organismos xornalísticos que cubriron a invasión de Iraq de 2003. Feito polo exipcio-estadounidense Jehane Noujaim, foi distribuído por Magnolia Pictures (propiedade de 2929 Entertainment).

No documental aparecen voces tales coma, por parte estadounidense, a do tenente Josh Rushing, un oficial de prensa do Comando Central estadounidense; David Shuster, un correspondente da NBC; Tom Mintier, da CNN; e por parte de Al Jazeera, Samir Khader, produtor; Hassan Ibrahim, xornalista sudanés que asistiu a universidades norteamericanas e liderou o servizo das novas árabes da BBC antes de unirse a Al Jazeera; Dima Khatib, xornalista siria e produtora. Samir Khader converteuse máis tarde no editor de Al-Jazeera.[2] Josh Rushing tamén acabou traballando para Al Jazeera.

Durante o documental, vese ao Secretario de Defensa dos Estados Unidos, Donald Rumsfeld, en conferencias de prensa, queixándose da liña propagandística de Al Jazeera, e, por outra parte, tamén se ve ao Ministro de Información iraquí, Muhammad Saeed al-Sahhaf, acusando ao medio de transmitir propaganda norteamericana. Polo principio do documental aparece o oficial de prensa Rushing remarcando a parcialidade de Al Jazeera, dicindo que centran o seu foco nos tanques estadounidense e nos feridos iraquís, aínda que tamén acaba confesando despois que as axencias tales como a Fox News tamén parecen seleccionar coidadosamente o seu material e que non contan todo tampouco. Samir Khader, produtor, afirma que o propósito de Al Jazeera é sacudir a ríxida estrutura da sociedade árabe, que el cre que ficou atrás, culturalmente e tecnoloxicamente, debido á intolerancia cara a outras culturas e perspectivas.

Rushing laméntase da tendencia de Al Jazeera e especula porque non amosa material de atrocidades militares iraquís, como poden ser soldados tomando familias como reféns. Abdallah Schleifer, un reporteiro norteamericano, conta que tal material non existe, e aínda que non ten dúbida de que as atrocidades existan, explica que os simples rumores pola CentCom non convencen aos escépticos árabes. Un punto crucial no documental é cando o Tenente Rushing se dá conta que Fox News emite coa mesma falta de obxectividade da que acusa a Al-Jazeera de perpetrar - a súa conclusión é que a parcialidade dos medios está institucionalizada polas dúas partes.

Mais o momento máis importante é cando o centro de Al Jazeera en Bagdad é atacada o 8 de abril de 2003, sendo a versión oficial que o ataque ía dirixido contra un grupo de insurxentes que operaban desde o edificio de Al Jazeera. Mais durante o ataque un xornalista desta cadea, que se encontraba no alto do edificio para informar da situación, morre, o mesmo día que os estadounidense tamén mataron a Xosé Couso e a un xornalista da Reuters, Taras Protsyuk.. Tamén no mesmo día, a televisión Abu Dhabi tamén foi atacada.

Despois deste ataque, a maioría das opinións revelan que este ataque se produciu para acalar os medios árabes para non contar os crimes de guerra perpetrados polos estadounidense;[3] sendo a ataque a Al Jazeera totalmente deliberado, teoría que defende por exemplo Robert Fisk.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Solomon, Deborah “Questions for Jehane Noujaim: Inside Al Jazeera.” (25 de abril, 2004) http://www.nytimes.com/2004/04/25/magazine/25QUESTIONS.html New York Times. Consultado o 7 de decembro de 2011.
  2. Shiv Malik (24 de xaneiro de 2005). "Broadcast and be damned". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2005. Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  3. BBC, ed. (9 de abril de 2003). "Media incensed at journalist killings". Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  4. Robert Fisk (26 de outubro de 2005). The Independent, ed. "No wonder al-Jazeera was a target". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2006. Consultado o 7 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]