Contracción muscular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema xerárquico dos músculos.

A contracción muscular é o proceso fisiolóxico no que os músculos desenvolven tensión e se acurtan ou estiran (ou ben poden permanecer da mesma lonxitude) por razón dun previo estímulo de excitación. Estas contraccións producen a forza motora de case todos os animais superiores, por exemplo, para desprazar o contido da cavidade á que recobren (músculo liso) ou moven o organismo a través do medio ou para mover outros obxectos (músculo estriado).

As contraccións son controladas polo sistema nervioso central, o cerebro controla as contraccións voluntarias, mentres que a medula espiñal controla os reflexos involuntarios.