Contos Estraños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contos Estraños
Logo
Tipoeditorial
Data de fundación2011
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Contos Estraños é unha empresa editora en lingua galega con sede en Santiago de Compostela.

Historia[editar | editar a fonte]

Creada no ano 2011 coa intención de promover a literatura de fantasía, terror e ciencia ficción. Os seus fundadores foron Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola e o proxecto púxose en marcha cunha chamada en Internet á que acudiron diversos autores.

O proxecto editorial foi enfocado en tres liñas diferenciadas. Unha revista periódica onde se reunirían en volumes colectivos as creacións dos numerosos escritores e ilustradores, a publicación de novelas individuais e unha liña infantil que, segundo as palabras dos seus propios creadores, "servise para ir frikizando ás xeracións máis novas".

Durante dous anos, entre xuño de 2015 e xuño de 2017 foi un selo da editorial Urco[1].

Obras[editar | editar a fonte]

Revista[editar | editar a fonte]

  • Contos Estraños, Nº0 Amañeceres Estraños
  • Contos Estraños, Nº1 Anoiteceres estraños
  • Contos Estraños, Nº2 Xornada Fantástica
  • Contos Estraños, Nº3 Vieiros do Mañá
  • Contos Estraños, Nº4 Nadal Impío
  • Contos Estraños, nº5 Verbas de Atenea
  • Contos Estraños, nº6 Lendas de Galaecia
  • Contos Estraños Segunda Era
  • Contos Estraños, nº7 Encontros na Terceira Era
  • Contos Estraños, nº8 O choque dos mundos
  • Contos Estraños, nº 9 Retallos do apocalipse
  • Contos Estraños nº 10 A Sombra Primixenia
  • Contos Estraños nº 11 A Rebelión de Prometeo
  • Contos Estraños nº 12 Visitantes de Alén da Lúa
  • Contos Estraños nº 13 Visitantes de Alén da morte

Novelas individuais[editar | editar a fonte]

  • Os Abismos da Noite Eterna. Vol I. O Morador da Fenda. Roberto A. Rodrigues.
  • Magumba. Fabián Plaza Miranda
  • As Crónicas de Bran. Vol I. A revolta dos Mestres. Xosé Duncan.
  • Galiza Mutante: Poder Nuclear! Tomás González Ahola
  • Os Abismos da Noite Eterna. Vol II. A Lenda do Xameldín. Roberto A. Rodrigues.
  • As Crónicas de Bran. Vol II. A porta de Annwn. Xosé Duncan.
  • As Crónicas de Bran. Vol III. O solpor dos deuses. Xosé Duncan.
  • As aventuras de Margaret White. A balada do solitario. Manuel Moledo (ilustracións; David Fajardo)
  • Os Abismos da Noite Eterna. Vol III. A luz que creba a noite. Roberto A. Rodrigues.

Liña infantil[editar | editar a fonte]

  • As aventuras do Apalpador. Apalpador vs Papá Noel. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares
  • Plof, historia dun globo. Texto. Manuel González Fernández de Tejada. Ilustracións. Xoana Álvarez Martín
  • As aventuras do Apalpador. O tesouro dos mouros. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares
  • As aventuras do Apalpador. A carballeira dos druidas. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares
  • As aventuras do Apalpador. As portas do tempo. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Sobre nós". Contos Estraños.