Contaminación do medio hídrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auga contaminada

Enténdese por contaminación do medio hídrico a acción e o efecto de introducir materias ou formas de enerxía, ou inducir condicións na auga que, de modo directo ou indirecto, impliquen unha alteración prexudicial da súa calidade en relación cos usos posteriores ou cos os seus servizos ambientais.

Os principais contaminantes das augas son:

Compostos orgánicos biodegradables[editar | editar a fonte]

A súa orixe máis común dáse nos núcleos urbanos, industria agroalimentaria, industria química, etc. se se verte a un río.

O río poderá absorber e eliminar mediante biodegradación estes contaminantes en maior ou menor medida en función das as súas características; un gran caudal, presenza suficiente de osíxeno (por axitación das augas) e presenza de microorganismos son factores que contribúen á degradación da materia orgánica. Esta característica é o que se denomina poder autodepurador do río

Dispoñemos de varios parámetros de control da materia orgánica como son a DQO, DBO5 e COT.

Xermes patóxenos: enfermidades transmitidas pola auga[editar | editar a fonte]

As enfermidades transmitidas pola auga son producidas pola auga contaminada con refugallos humanos, animais ou químicos. Entre elas están o cólera, a febre tifoidea, a disentería, a poliomielite, a meninxite e as hepatite A e B. Os lugares que carecen de instalacións de saneamento apropiadas favorecen a rápida propagación destas enfermidades debido a que as feces expostas a ceo aberto conteñen organismos infecciosos que contaminan a auga e os alimentos.

Transmisión de bacterias patóxenas[editar | editar a fonte]

As bacterias patóxenas que contaminan a auga e causan enfermidades encóntranse nas excrecións dos seres humanos e dos animais de sangue quente (mascotas, ganado e animais silvestres). Poden transmitirse a través doa auga, dos alimentos, de persoa a persoa e de animais a seres humanos. As bacterias que máis afectan á saúde pública son Vibrio cholerae, causante do cólera; Escherichia coli, Campylobacter jejuni e Yersinia enterocolitica, causantes de gastroenterite agudas e diarreicas; Salmonella typhi, que produce febres tifoideas e paratifoideas; e Shigella, causante de disentería. As persoas enfermas de diarrea e con afeccións gastrointestinais eliminan un alto número de bacterias nas súas feces: ata 100 millóns de bacterias de Escherichia coli, 10 millóns de bacterias de Campylobacter, un millón de bacterias de Salmonella e un millón de bacterias de Vibrio cholerae. Estas bacterias chegan ós cursos de auga a través das descargas de augas residuais sen tratar ou con tratamento deficiente, da drenaxe de chuvias, das descargas provenientes de plantas de procesamento de carne de gando e aves, e de escorrentías que pasan polos currais de gando. Nas zonas rurais, a práctica da defecación a campo aberto tamén constitúe unha fonte de contaminación das augas superficiais. As bacterias patóxenas representan un serio risco para a saúde pública e é prioritario eliminalas da auga de consumo humano, debido a que a súa inxesta podería ocasionar un andazo con graves consecuencias para a saúde da poboación.

Enfermidades por vectores relacionados coa auga[editar | editar a fonte]

Existen enfermidades cuxos vectores se relacionan coa auga. Os vectores son os insectos (mosquitos, moscas) e outros animais que poden transmitir infeccións e que crían ou viven cerca de augas contaminadas ou limpas. Entre ditas enfermidades encóntrase o paludismo, a febre amarela, o dengue, a enfermidade do sono e a filariase. Para previr estes males, é preciso eliminar os insectos que os orixinan, pero hai que ter coidado co tipo de praguicida que se empregue, porque se poden contaminar as fontes de auga e producir riscos á vida humana. É importante empregar métodos biolóxicos de control como depredadores naturais, evitar a presenza de charcos e durmir baixo mosquiteiros.

A incidencia de enfermidades transmitidas por vectores parece estar aumentando debido á resistencia dos mosquitos ó DDT, o insecticida de maior uso, e ós cambios ambientais, que crean novos lugares de cría. Ó parecer, a migración, o cambio climático e a creación de novos hábitats provocan que menos xente desenvolva inmunidade natural a estas enfermidades.

Enfermidades parasitarias e a auga[editar | editar a fonte]

Son enfermidades causadas por organismos acuáticos que pasan unha parte do seu ciclo vital na auga e outra parte como parasitos de animais. Os causantes destes males son unha variedade de vermes, tenias, miñocas intestinais e nematodos do tecido, denominados colectivamente helmintos, que infectan ó home. Algunhas destas enfermidades son a esquistosomiase e a dracunculose, que impiden ás persoas levar unha vida normal e diminúen a súa capacidade para traballar, inda que normalmente non son mortais. Para previr estes males, é necesario lavar ben as verduras con auga limpa, cociñar ben os alimentos e non ingresar a ríos ou lagoas infectados.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Contaminación do medio hídrico