Construcciones Gaitán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaitán
TipoSociedade limitada
Fundación1951 - 1953
LocalizaciónSevilla España España
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Construcións Gaitán foi un fabricanteespañol de automóbiles con sede en Sevilla, con actividade entre 1951 e 1953.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta empresa, con sede na cidade de Sevilla foi fundada en 1936 co obxectivo de reparar e alugar bicicletas e derivados, ampliando a súa gama de produtos cos anos con motores de apoio e vehículos para discapacitados. En 1951 comezou coa produción de automóbiles, unha actividade que perduraría ata 1953. A marca baixo a que se venderon estes coches foi Gaitán. A actividade da empresa acabaría por completo en 1996.[1]

Modelos[editar | editar a fonte]

A compañía empezou a producir principalmente vehículos para persoas con discapacidade. Os seus micro coches nunca pasaron de ser prototipos de tres rodas, xa fora a roda independente dianteira ou traseira. A tracción sempre estaba confiada á roda independente, movida por un motor de 125 cm³. Presentáronse con carrozarías de aluminio, algo pouco común na época, xa como convertibles ou tipo ovo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GAITÁN (AUTO-TRI Gaitán) (1953)" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harald Linz e Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie, United Soft Media Verlag GmbH, Múnic 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8
  • Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O, Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1 (en inglés)