Constanza de Castro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior da torre de Caldaloba, conde Constanza e o seu marido Fernán Ares de Saavedra resistiron un ano o cerco do castelán Diego López de Haro.
Constanza de Castro foi unha relevante aristócrata galega de finais do século XV.
[editar] Traxectoria
Era filla de Pedro Pardo de Cela e de Sabela de Castro, pertencente a unha das liñaxes máis importantes do reino de Galiza. Estaba casada con don Fernán Ares de Saavedra. Pardo de Cela, a súa filla Constanza e o seu marido apoiaban o bando de Xoana a Beltranexa contra os partidarios de Isabel de Castela. Houbo loitas entre os dous bandos. Pardo de Cela (que era Alcallde del ayuntamiento y su tierra y jurdiçon) foi feito prisioneiro no seu propio castelo da Frouxeira, por traición dalgúns dos seus vasalos. A súa filla continuou a loita xunto co seu marido durante once meses desde o castelo de Caldaloba (Cospeito).