Constanza - Konstanz
| Konstanz | |
|---|---|
| Escudo | Mapa |
| Situación | |
| Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
| País | |
| Estado federal | Baden-Württemberg |
| Rexión administrativa | Friburgo |
| Comarca (Landkreis) | Konstanz |
| Xeografía | |
| Altitude | 405 m |
| Área | 55,65 km² |
| Poboación (2007) | 81.511 hab. |
| Densidade | 1.465 hab./km² |
| Política | |
| Alcalde (Bürgermeister) | Horst Frank |
| Partido gobernante | GRÜNE |
| Páxina web | www.konstanz.de |
- Para o lago do mesmo nome véxase: Lago Constanza
Constanza (en alemán: Konstanz) é unha cidade universitaria de máis de 80.000 habitantes. Está situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho sudoeste de Alemaña, no Estado de Baden-Württemberg. Fai fronteira ademais con Suíza.
Índice |
[editar] Localización
Constanza está situada no Lago Constanza (en alemán Bodensee). O río Rin, que nace nos Alpes Suízos, pasa a través do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flúe baixo unha ponte que conecta as dúas partes da cidade.
Ao norte do río atópase a maior parte da cidade, con áreas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur está o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalación da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automóbiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamarán proporciona servizo a peóns cara Friedrichshafen. Ao sur, ás beiras da cidade vella, atópase a cidade suíza Kreuzlingen.
[editar] Subdivisións
Constanza está dividida en quince distritos:
|
|
|
[editar] Historia
De 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza, que deu fin ao Cisma de Occidente.
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.
[editar] Economía
O encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do país que non foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial, atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart. Ademais Constanza constitúe un das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suíza e a Unión Europea.
[editar] Transporte
Constanza está servida polas principais vías de ferrocarril cara o oeste até Singen con conexión con tódalas partes de Alemaña, e cara o sur a Suíza, conectando coas principais rutas en Weinfelden. Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compañía suíza Thurbo e a súa filial alemá. O aeroporto máis próximo está en Friedrichshafen, ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domésticos, mais conta cunha liña co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Stuttgart, Basilea e Zúric, o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SüdbadenBus GmbH.
Ademais Constanza e Friedrichshafen están conectadas por dous (en pronto por tres) catamaráns dende 2005 Constance e Fridolin.
[editar] Persoeiros ilustres
- Ferdinand von Zeppelin, inventor e fundador da compañía de dirixíbeis Zeppelin.
- Jan Hus, teólogo e filósofo.
- Ian Murdock, creador de Debian GNU/Linux.
- Hans-Robert Jauss, filólogo.
- Wolfgang Iser, crítico literario.
- Hermann von Reichenau, autor e cronista medieval.
[editar] Ligazóns externas
- Sitio Web Oficial (en inglés)
- Konstanz: Historia e imaxes (en alemán)
- Universidade de Constanza (en inglés)
- Universidade de Ciencias Aplicadas (en inglés)
- Fotografías de Constanza (en inglés)
- Páxina de fotografías de Constanza
- Fotos do Entroido de Constanza
- Comunidade de Internet de Constanza
- O Suedkurier, xornal de Constanza
|
|||||||||