Constantino VII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Constantino VII Porfiroxénito»)
Infotaula de personaConstantino VII

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Κωνσταντῖνος Ζ΄ ὁ Πορφυρογέννητος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 905 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 959 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
6 de xuño de 913 – 9 de novembro de 959
← Alexandre III de BizancioRomano I, Romano II → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego medieval (pt) Traducir e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperador Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia macedônica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHelena Lecapena (pt) Traducir (919 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosRomano II, Zoe (en) Traducir, Anna (en) Traducir, Agatha (en) Traducir, Teodora (pt) Traducir, Theophano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLeón VI o Sabio Editar o valor em Wikidata  e Zoe Carbonopsina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Porphyrogennetos-2 Find a Grave: 43807129 Editar o valor em Wikidata

Constantino VII Porfiroxéneta o Porfiroxénito (Κωνσταντίνος Πορφυρογέννητος, Porphyrogenitos, nacido na púrpura), nado en Constantinopla no 905 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 959, foi o fillo do emperador bizantino León VI o Sabio e sobriño de Alexandre III. Obtivo o seu sobrenome como fillo lexítimo (ou máis precisamente lexitimado) de León, fronte a outros que pretenderon o trono durante a súa vida.

Reinado[editar | editar a fonte]

Ascendeu á dignidade imperial á idade de sete anos en 913, baixo a rexencia do patriarca Nicolás o Místico. Nicolás viuse obrigado a asinar a paz con Simeón dos búlgaros, ao que tivo que recoñecer como emperador búlgaro. Por mor diso, Nicolás sería desprazado da rexencia pola nai de Constantino, Zoe Karvounopsina.

Zoe tampouco non conseguiu éxito ningún cos búlgaros, e en 919 foi substituída por Romano Lecapeno, que casou á súa filla Helena con Constantino.

Segundo algunhas fontes, a mocidade de Constantino sería especialmente triste, debido á súa aparencia pouco agraciada, ao seu carácter taciturno e por ser relegado ao terceiro nivel de sucesión, tralos dous fillos de Romano. Con todo, era un mozo moi intelixente con múltiples intereses, e dedicaría os anos apartado do trono para estudar os costumes da corte.

Romano fíxose co poder en solitario ata 944, cando foi deposto polos seus fillos, que recoñecerían finalmente a Constantino como emperador.

En 949 Constantino dispuxo unha nova expedición contra os corsarios árabes escondidos en Creta, pero do mesmo xeito que o intento do seu pai por reconquistar a illa en 911, fracasou nas súas aspiracións. Este feito deu lugar a un ataque árabe por terra sobre as posesións bizantinas en Siria, Armenia e Italia, pero os territorios perdidos no leste serían logo recuperados por Xoán Tzimisces. En 957, grazas ao lume grego conseguiuse destruír unha frota árabe.

Constantino mantivo intensas relacións diplomáticas cos reinos estranxeiros, incluíndo ao califa de Córdoba Abderramán III. No outono de 957 Constantino recibiu a visita de Olga, princesa da Rus de Kíiv. Aínda que nunca se aclararon as razóns desta viaxe, Olga foi bautizada co nome de Helena, iniciándose así a conversión do seu pobo ao cristianismo.

Constantino morreu en 959 e foi sucedido polo seu fillo Romano II.

Libros[editar | editar a fonte]

Aínda que en conxunto a valoración do seu reinado é positiva, Constantino resulta máis coñecido pola súa faceta de escritor e erudito. Escribiu (ou encargou que outros o fixesen no seu nome) obras como De ceremoniis (Sobre as cerimonias), que describe todo tipo de cerimonias cortesás, que tamén serían recolleitas, aínda que con ánimo crítico, na obra de Liutprando de Cremona; De administrando imperio (Sobre a administración do Imperio), que ofrece consellos sobre como gobernar o Imperio e sobre como loitar contra os seus inimigos exteriores; e unha historia do Imperio que recollía feitos acaecidos trala morte do cronógrafo Teófanes en 817. Estes libros supoñen unha importante fonte de información para coñecer a época de Constantino e o seu reinado. Constantino era tamén un gran coleccionista de libros, manuscritos e obras de arte en xeral, así como bo pintor.

Imperio Bizantino

Segue a:
Alexandre III
Constantino VII
Precede a:
Romano II
Dinastía Macedonia