Constantino Gómez Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConstantino Gómez Barcia
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata
Portomarín, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 1977 Editar o valor em Wikidata (20/21 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Constantino Gómez Barcia, nado en Portomarín en 1956 e finado en Arrasate o 13 de marzo de 1977, foi un axente da Garda Civil asasinado por ETA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo e irmán de gardas civís, ao pasar a ser axente el mesmo, foi destinado a Oñate, no País Vasco. Unha noite viña dunha sala de festas (de nome Alexander) na localidade guipuscoana de Arrasate en coche, con outros tres gardas civís e coa moza dun deles. Na gallada da estrada C-6322 Beasain-Durango coa C-6312 Arrasate-Bergara, un coche detívose diante deles, e un grupo de homes pertencentes a ETA saíron del e dispararon contra o vehículo. A policía apuntou no seu día que as persoas pertencían ao comando Besaide[1] quen foron detidos e postos a disposición xudicial sendo liberados en aplicación da Ley de amnistía de 1977, e un dos moitos asasinatos cometidos por ETA que está sen esclarecer. Gómez Barcia foi o único falecido[2] e foi soterrado en Oviedo se ben actualmente os seus restos atópanse soterrados no cemiterio de Lalín (Pontevedra), onde foron a residir os seus pais.

Notas[editar | editar a fonte]