Constancio Romeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConstancio Romeo
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1852 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1917 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Constancio Romeo Lasarte, nado en Zaragoza o 18 de decembro de 1852 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1917, foi un mestre de escolas laicas e librepensador español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou como orador nos actos do Primeiro de Maio de 1906 na Coruña. Os directivos de La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento ofrecéronlle o posto de mestre e director da escola laica que mantiña a entidade. Constancio aceptou o ofrecemento e tomou posesión a comezos de setembro de 1906. As escolas laicas foron clausuradas por orde de La Cierva tras os sucesos da Semana Tráxica de Barcelona de xullo de 1909. Ao tempo que se pechaba a escola, Constancio foi acusado de ser un perigo para a sociedade, como defensor das ideas anarquistas, e sufriu desterro na Fonsagrada. Retornou á Coruña o 29 de setembro tras levantarse a suspensión de garantías constitucionais polo goberno. Pero a escola foi novamente pechada por orde das autoridades académicas porque Romeo abriu o local sen permiso. Tiveron que facer unha nova solicitude e cambiaron a denominación da escola, que levou o nome de Colexio laico Fröebel. O colexio abriu as súas portas o 6 de decembro con Romeo como profesor e director.

Constancio Romeo patricipou en mitins anticlericais e en defensa do librepensamento, actos a favor dos presos políticos e sociais e mitins de controversia. Tamén pronunciou varias conferencias: "La libertad es incompatible con el principio de autoridad", pronunciada o Primeiro de Maio de 1907 no Teatro Circo; "Cómo vivimos y cómo podríamos vivir", organizada pola sociedade de pescadores La Humanidad Libre en xaneiro de 1909; en maio de 1909, no local de Germinal, disertou sobre o carácter que debían ter os centros de estudos sociais; en setembro de 1913, no local de carpinteiros de La Emancipación, falou sobre Socialismo e sindicalismo. Colaborou en La Voz del Obrero.

A raíz da folga xeral de 1917 foi acusado de formar parte dunha xunta revolucionaria e procesado. Morreu o 9 de decembro de 1917 na Coruña e foi soterrado no cemiterio civil da cidade o día 10 ás cinco da tarde. Durante o mitin pro amnistía celebrado na praza de touros o 16 de decembro de 1917 fíxose unha colecta a favor da súa familia.

Casou con Luísa Elizalde Vellido, coa que tivo dous fillos: Acracia e Liberto. No seu labor docente estivo acompañado da súa muller, que se ocupaba da educación das nenas da escola laica.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Población de Alicante, lee y medita. ¿Tiene el hombre alma?, 1901.
  • Disertación Científico Social, 1913.
  • "La escuela: su pasado, su presente y su porvenir", La Revista Blanca, nº 45 a 59, 1925.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]