Consello Rexional de Gush Etzion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do Consello Rexional en Alon Shvut

O Consello Rexional de Gush Etzion é un Consello Rexional de Israel que administra os asentamentos da rexión de Gush Etzion, ao sureste de Xerusalén. Segundo o Instituto Central de Estatística os 19 asentamentos posúen unha poboación de 13000 habitantes (2006).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os asentamentos localízanse nunha área montañosa a 900 metros sobre o nivel do mar, debido á altura o clima no inverno é moi frío e chuvioso, nevando frecuentemente. Os límites da competencia do Consello Rexional son polo norte a cidade de Xerusalén e o Consello Rexional de Mateh Binyamin, polo sur as cidades de Hebrón e Kiryat Arba así como o Consello Rexional de Har Hebrón, polo oeste o Val de Elah e polo leste o deserto de Xudea.

O carballo solitario no asentamento de Alon Shvut, converteuse nun símbolo dos asentamentos da rexión e aparece no emblema do Consello Rexional

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro asentamento en Gush Etzion foi Migdal Eder, fundárono en 1927 un grupo de xudeus ortodoxos de Xerusalén e algunas familias xudías procedentes do Iemen, esta comunidade desapareceu despois dos disturbios palestinos de 1929. O empresario Shmuel Holtzmann mercou terras para establecer de novo asentamentos permanentes na zona, en 1934 estableceu o de Kfar Etzion pero foi abandonado durante a revolta árabe en Palestina 1936-1939. En 1945 un grupo de mozos que chegaran da Europa Oriental antes da Segunda Guerra Mundial estableceron un novo asentamento, Mesu'ot Yitzhaken, en memoria dos falecidos polo Holocausto, en 1946 estableceuse o kibbutz Ein Tzurim, e en 1947 o de Revadim. Os asentamentos desapareceron como consecuencia da Guerra Árabe-Israelí de 1948. Despois da ocupación israelí do territorio como consecuenca da Guerra dos Seis Días comezou o proceso para crear novos asentamamentos na área.

Asentamentos[editar | editar a fonte]

Asentamento de Kfar Eldad