Consello Insular de Mallorca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema do Consello Insular de Mallorca

O Consello Insular de Mallorca (en catalán: Consell Insular de Mallorca) é unha institución de autogoberno no ámbito da illa de Mallorca. Foi creado en 1978 logo da aprobación do réxime de Consellos Insulares e instituído oficialmente segundo o Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 1983. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.

A institución exerce, segundo as competencias, un poder lexislativo (Pleno do Consello) e executivo. O pleno está composto por 33 deputados. Este pleno encárgase de aprobar as leis e elixir o presidente da institución, que á súa vez nomea ao Consello Executivo.

Conselleiros[editar | editar a fonte]

Conselleiros obtidos por partido (1979-2011)
1979 1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011
Unión de Centro Democrático (UCD) 15 - 3 - - - - - -
Partido Popular (PP) - 11 13 - 16 16 16 16 19
Partido Popular - Unió Mallorquina (PP-UM) - - - 18 - - - - -
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 6 11 11 11 8 8 9 10 10
Unió Mallorquina (UM) - 6 4 - 2 3 3 3 -
Unió Independent de Mallorca (UIM) - - - 1 - - - - -
PSM-Entesa Nacionalista (PSM-EN) 2 2 2 3 5 4 3 - 4
Esquerra Unida-Esquerra Verda (EU-EV) 1 - - - 2 2 2 - -
Bloc per Mallorca (PSM-EN. EU-EV, Esquerra) - - - - - - - 4 -
Total 24 30 33 33 33 33 33 33 33

Presidentes[editar | editar a fonte]

Trala etapa preautonómica, na que Jeroni Albertí (UM) foi o Presidente do Consello, seguiron na etapa autonómica cinco presidencias ata a actualidade:

No. Nome Inicio Fin Partido
1. Jeroni Albertí Picornell 24 de xuño de 1979 27 de setembro de 1982 UCD
2. Maximiliano Morales Gómez 27 de setembro de 1982 23 de xuño de 1983 UCD
3. Jeroni Albertí Picornell 23 de xuño de 1983 29 de xuño de 1987 UM
4. Joan Verger Pocoví 29 de xuño de 1987 7 de xullo de 1995 PP
5. Maria Antònia Munar i Riutort 7 de xullo de 1995 29 de xuño de 2007 UM
6. Francina Armengol Socías 7 de xullo de 2007 14 de xuño de 2011 PSIB-PSOE
7. Maria Salom Coll 14 de xuño de 2011 4 de xullo de 2015 PP
8. Miquel Ensenyat Riutort 4 de xullo de 2015 6 de xullo de 2019 Més
9. Catalina Cladera Crespí 6 de xullo de 2019 actualidade PSIB-PSOE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]