Consello Asiático e do Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consello Asiático e do Pacífico
Tipoorganización
Data de fundación14 de xullo de 1966
editar datos en Wikidata ]

O Consello Asiático e do Pacífico (en inglés, Asian and Pacific Council ASPAC) foi unha organización internacional establecida o 14 de xullo de 1966 en Seúl entre países da rexión do Pacífico para establecer bases de cooperación económica, cultural, técnica e social entre eles e co obxectivo político de facer de contrapeso ao comunismo en Asia. Os cumios celébranse anualmente e tiña un comité permanente con sede en Bangkok. A cambio de política dos Estados Unidos con respecto a China, amosado coa visita de Richard Nixon a ese país en 1972 deixou obsoleta á organización que deixou de operar mais non se disolveu formalmente.