Consellería de Cultura e Turismo
A Consellería de Cultura e Turismo foi unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da cultura e do turismo, así como da protección do patrimonio. Tamén se encargou en tempos do fomento do deporte. O seu último titular foi Roberto Varela, cando en 2012 foi fusionada coa consellería de Educación.
[editar] Historia
A consellería de Cultura viviu ao longo dos anos diversas modificacións, tanto en competencias como en denominacións. Os principais elementos de variación foron o turismo (unha área que tamén correspondeu á consellería de Industria e o deporte (que ás veces correspondeu a outras consellerías, como Familia e outras veces dependeu directamente do presidente da Xunta co rango de secretaría xeral. O primeiro conselleiro foi Xosé Filgueira Valverde, en calidade de asesor especial do presidente Xerardo Fernández Albor. Posteriormente consolidouse como unha das consellerías fundamentais. Ademais, durante o período dun ano ao remate da era Albor, asociouse con Benestar social.
Ademais. entre 1983 e 1986 foi integrada na estrutura da consellería de Educación, fusión que volveu repetir a partir de 2012.
[editar] Conselleiros
- Xosé Filgueira Valverde (1982-1983). Como conselleiro adxunto ao presidente en materia cultural. A partir de finais de 1982 fíxoo co nome de conselleiro para a Cultura.
- Alejandrino Fernández Barreiro (1986-1987). Como conselleiro de Cultura e Benestar Social: .
- Alfredo Conde (1987-1990). Como conselleiro de Cultura e Deportes.
- Daniel Barata Quintas (1990-1993). Como conselleiro de Cultura e Xuventude.
- Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1993-1996). Como conselleiro de Cultura.
- Xesús Pérez Varela (1996-2005). Como conselleiro de Cultura e Comunicación Social. A partir de 1997 como conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
- Ánxela Bugallo (2005-2009). Como conselleira de Cultura e Deporte.
- Roberto Varela (2009-2012). Como conselleiro de Cultura e Turismo.