Conrad Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Conrad Editora é unha editorial brasileira coñecida pola súa importancia nacional no mercado de manga, sendo, no país, a pioneira neste tipo de publicación no formato orixinal.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A editorial, fundada en 1993, está principalmente dirixida ao público novo. Comezou a salientar a través dunha das súas publicacións: a revista Herói, dedicada á cultura pop en xeral, que se tornou nunha das revistas máis populares do xénero. A Herói foi publicada pola Conrad ata 2002, cando a revista se tornou exclusivamente dixital.

A Conrad comezou a publicar mangas no Brasil en 2001, cos dous mangas de maior éxito ata hoxe: Dragon Ball e Cabaleiros do Zodíaco. Dragon Ball Z gañou un premio da Distribuidora DINAP, recoñecendo que o manga superou as 100.000 copias.

A partir daquela, a editorial pasou por diversas fases, desde a de grandes «blockbusters» (mangas famosos mundialmente), ata mangas menos coñecidos. Hoxe edita grandes éxitos como One Piece, Vagabond, Slam Dunk e Blade - A Lâmina do Imortal (Mugen no Juunin), alén de mangas menos famosos, mais non por iso de menor calidade, coma Bambi.

Alén de mangas, Conrad edita outros xéneros de banda deseñada (variando de Robert Crumb a Charles M. Schulz), libros de non ficción (sendo os principais asuntos destes música e política) e series de libros de gran prestixio, como a colección Sandman, de Neil Gaiman, e a serie Discworld, de Terry Pratchett.

En 2004, aproveitando o éxito do MMORPG Ragnarok Online, a editorial entrou no campo dos manhwa (banda deseñada coreana), publicando Ragnarok (manhwa que deu orixe ó xogo, aínda non finalizado).

Recentemente,[cando?] Conrad adquiriu os dereitos de publicación da colección completa de tiriñas de Calvin e Hobbes.

Publicado pola Conrad Editora[editar | editar a fonte]

Manga[editar | editar a fonte]

2000
2001
2002
2004
2005
2006
descoñecido

Manhwa[editar | editar a fonte]

2004
2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]