Connacht - Cúige Connachta
| Cúige Connachta - Connacht | ||
|---|---|---|
|
|
||
| Superficie | 17,713.18 km² | |
| Poboación (aprox) | 464,296 | |
| Situación | ||
![]() |
||
| Condados | ||
|
||
Connacht (en inglés) ou Connachta (en irlandés), "(terra dos) descendentes de Conn", é a provincia occidental de Irlanda, que comprende os condados de Galway - Gaillimhe, Leitrim - Liatroim, Mayo - Mhaigh Eo, Roscommon - Ros Comáin e Sligo - Sligeach. En irlandés á provincia chámaselle a miúdo Cúige Chonnacht. Os seus centros urbanos principais son Galway no sur, e Sligo no norte. Ten unha poboación de 503.083 habitantes, a máis pequena das catro provincias irlandesas.
O irlandés fálase nas áreas Gaeltacht do oeste de Mhaigh Eo e o oeste de Gaillimhe, sendo a máis grande Connemara.
O pico máis alto é o Mweelrea (814 metros), en Mhaigh Eo. A súa illa máis grande é Achill, a máis grande de Irlanda. O lago máis grande é Lough Corrib.
A República de Connaught tivo unha breve existencia en 1798 co apoio militar de Francia.
A cidade máis grande de Connacht é Galway, cunha poboación de 71.983 habitantes (2006).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Duque de Connaught e Strathearn.
- Reinos da antiga Irlanda.
- Reis de Connacht.
- Connacht Rugby.
- Provincias de Irlanda.
- Medb (Medhbh, Maeve), Raíña de Connacht.
|
|||||||||
