Congreso Nacional Africano de Rodesia do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Congreso Nacional Africano de Rodesia do Norte (CNARD, en inglés Northern Rhodesian African National Congress, NRANC) foi un partido político de Rodesia do Norte, actual Zambia, formado en 1948 como Congreso de Rodesia do Norte con Godwin Lewanika, un aristócrata de Barotselandia como primeiro presidente,[1] e foi o primeiro partido africano do país. En 1951 mudou de nome so a presidencia de Harry Nkumbula, establecendo lazos co Congreso Nacional Africano de Suráfrica. En 1953 Kenneth Kaunda converteuse no secretario xeral da organización. En 1958 o partido sufriu unha escisión debido a que só unha minoría da poboación negra podía votar, a á máis radical, dirixida polo propio Kaunda que era contraria a participar e decidiu formar outro partido, o Congreso Nacional Africano Zambiano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Northern Rhodesia Congress", Britannica.com, 2011, EB-NRC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]