Conferencia de Lausanne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Conferencia de Lausanne foi unha xuntanza de países celebrada no castelo de Ouchy, en Lausanne, (Suíza), e que tiña por obxectivo reducir as cargas económicas que se lle puxeran como castigo a Alemaña logo da Primeira Guerra Mundial.

A Conferencia, tamén chamada Conferencia das Indemnizacións comezou o 16 de xuño de 1932 e durou ata o 9 de xullo.

O propósito era atopar unha solución ás graves dificultades económicas e financeiras que sacudiran a economía global desde o Martes Negro de 1929. A principios do verán de 1932, Alemaña comezaba a preocupar de novo as potencias occidentais e todos os ollos estaban postos nos delegados alemáns, o barón Konstantin von Neurath e o chanceler Franz von Papen. A conferencia fixou un importe de tres mil millóns de marcos para cubrir as indemnizacións que debía Alemaña tras a Primeira Guerra Mundial, o que representaba unha redución de máis de 93 millóns da débeda de guerra. Ao que se pagase esta suma, o que debería ocorrer antes de 1935, Alemaña estaría definitivamente libre das súas débedas. Pero a chegada ao poder de Hitler en 1933 cancelou estas débedas sen que se chegasen nunca a pagar.