Confederación Alemá do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norddeutscher Bund
Confederación Alemá do Norte

1866–1871
Bandeira Escudo
Confederación Alemá do Norte (vermello). Os estados do sur de Alemaña que se uniron en 1871 ao Imperio Alemán están en laranxa. Alsacia-Lorena, o anexionado despois da guerra franco-prusiana de 1871 está en laranxa claro.
Capital Berlín
Lingua Alemán
Goberno Federación
Presidente Guillerme I
Chanceler Otto von Bismarck
Lexislatura Bicameral
 - Cámara alta Bundesrat
 - Cámara baixa Reichstag
Historia
 • Establecido 1866
 • Disolución 1871

A Federación Alemá do Norte (en alemán, Norddeutscher Bund) tivo o seu inicio en 1867, logo da disolución da Confederación Xermánica. Formada por 22 estados do norte de Alemaña, foi un agrupamento transitorio, que durou só ata a proclamación do Imperio Alemán en 1871.

A diferenza da Confederación Xermánica, a Federación Alemá do Norte foi un verdadeiro estado. O seu territorio estaba comprendido polas partes da Confederación Xermánica que se atopaban ao norte do Main; os territorios orientais de Prusia e o Ducado de Schleswig, mais excluía a Austria, Baviera, Württemberg, Baden e os territorios meridionais do Gran Ducado de Hesse. Con todo, consolidou o poder prusiano no norte de Alemaña, e puxo os cimentos do control prusiano sobre o sur, grazas á Zollverein e a Tratados de Paz Secretos (asinados cos estados meridionais o día anterior á Paz de Praga).

Aínda que deixou de existir logo da creación do Imperio Alemán, foi a primeira pedra deste. A súa constitución daba grandes poderes ao novo Chanceler (Bismarck), quen foi designado pola Presidencia do Bundesrat. Isto foi así porque o chanceler era inmune ante o Reichstag, o que lle permitiu ser a única ligazón entre o Presidente e o pobo porén, a constitución non era tan conservadora. O Chanceler retivo o poder sobre o aparello militar (logo da amarga experiencia da Crise Constitucional de 1862 en Prusia, que case devora a Guillerme I). Porén, non se toleraba oposición algunha á Chancelaría: os civís que se opuxeran a Bismarck na década do 1860 tiñan prohibido exercer cargos públicos.

Historia[editar | editar a fonte]

A Federación entrou na historia logo de que Prusia derrotara a Austria e ao resto dos estados da Confederación Xermánica na Guerra das Sete Semanas de 1866. Bismarck redactou a constitución que entrou en vigor o 1 de xullo de 1867. Nesta constitución declarábase Presidente ao Rei de Prusia e a Bismarck como Chanceler. Os estados estaban representados no Bundesrat (Congreso Federal) con 43 escanos (dos cales 17 eran prusianos). Para as eleccións ao Reichstag, Bismarck introduciu en Alemaña o sufraxio masculino. O Bundesrat converteuse no Parlamento do Zollverein en 1867, intentando crear unha proximidade maior cos estados meridionais, permitíndolles enviar representantes ao Bundesrat.

Logo da derrota francesa na Guerra Franco-Prusiana en 1871, Baviera, Württemberg, Baden e o Gran Ducado de Hesse (que orixinariamente non eran membros da Federación), se agruparon coa Federación para formar o Imperio Alemán, con Guillerme I como Káiser ou Emperador Alemán.

Selos postais[editar | editar a fonte]

Unha da funcións da Federación era manexar o correo e emitir selos postais, cousa que comezou a facer o 1 de xaneiro de 1868. Para adaptarse aos diferentes sistemas monetarios que se usaban nos diferentes estados, emitíronse series valoradas en groschens para os estados do norte, e outras valoradas en kreuzers para os estados do sur, distinguíndoas con sinais simples, as valoradas en Groschens tiñan o prezo encerrado nun cadrado; e as valoradas en Kreuzers, en círculos. Todas as estampas tiñan a inscrición "Norddeutscher Postbezirk" (en galego, "Distrito postal de Alemaña do Norte").

Ademais había estampas especiais dun cuarto de Chelín para Hamburgo, coa inscrición adicional "Stadtpostbrief Hamburg" (en galego, "Carta postal da Cidade de Hamburgo").

Pouco antes de 1869 os selos empezáronse a emitir perforados para facilitar a administración e contabilidade destes, perforando tamén os que foron emitidas anteriormente. A partir do 1 de marzo do mesmo ano foron emitidas estampas valorizadas en 10 e 30 gramos de ouro, salientábeis por ser impresas en coiro de intestino de carneiro, para prever a súa reutilización.

O 1 de xaneiro de 1872 os selos da Federación foron substituídos polos primeiros selos do Imperio Alemán.

Lista de estados membros[editar | editar a fonte]

Mapa dos estados confederados
Estado Capital
Reinos (Königreiche)
Flag of Prussia 1892-1918.svg Prusia (Preußen) Berlín
Flag of Bavaria (striped).svg Baviera (Bayern) Múnic
Flagge Königreich Sachsen (1815-1918).svg Saxonia (Sachsen) Dresde
Flagge Königreich Württemberg.svg Württemberg Stuttgart
Grandes Ducados (Großherzogtümer)
Flagge Großherzogtum Baden (1871-1891).svg Baden Karlsruhe
Flagge Großherzogtum Hessen ohne Wappen.svg Hesse (Hessen) Darmstadt
Flagge Großherzogtümer Mecklenburg.svg Mecklenburg-Schwerin Schwerin
Flagge Großherzogtümer Mecklenburg.svg Mecklenburg-Strelitz Neustrelitz
Civil flag of Oldenburg.svg Oldenburg Oldenburg
Flagge Großherzogtum Sachsen-Weimar-Eisenach (1813-1897).svg Saxe-Weimar-Eisenach (Sachsen-Weimar-Eisenach) Weimar
Ducados (Herzogtümer)
Flagge Herzogtum Anhalt.svg Anhalt Dessau
Flagge Herzogtum Braunschweig.svg Brunswick (Braunschweig) Braunschweig
Flagge Herzogtum Sachsen-Coburg-Gotha (1826-1911).svg Saxonia-Altenburg (Sachsen-Altenburg) Altenburg
Flagge Herzogtum Sachsen-Coburg-Gotha (1911-1920).svg Saxonia-Coburg e Gotha (Sachsen-Coburg und Gotha) Coburg
Flagge Herzogtum Sachsen-Coburg-Gotha (1826-1911).svg Saxonia-Meiningen (Sachsen-Meiningen) Meiningen
Principalities (Fürstentümer)
Flagge Fürstentum Lippe.svg Lippe Detmold
Flagge Fürstentum Reuß jüngere Linie.svg Reuss Junior Line Gera
Flagge Fürstentum Reuß ältere Linie.svg Reuss Elder Line Greiz
Flagge Fürstentum Schaumburg-Lippe.svg Schaumburg-Lippe Bückeburg
Flagge Fürstentümer Schwarzburg.svg Schwarzburg-Rudolstadt Rudolstadt
Flagge Fürstentümer Schwarzburg.svg Schwarzburg-Sondershausen Sondershausen
Flag of Germany (3-2 aspect ratio).svg Waldeck-Pyrmont Arolsen
Cidades libres hanseáticas (Freie Hansestädte)
Flag of Bremen.svg Bremen
Flag of Hamburg.svg Hamburgo
Flag of the Free City of Lübeck.svg Lübeck
Territorio imperial (Reichsland)
Dienstflagge Elsaß-Lothringen Kaiserreich.svg Alsacia-Lorena (Elsaß-Lothringen) Estrasburgo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]