Confederación Suramericana de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Confederación Suramericana de Fútbol
Logo
AcrónimoCONMEBOL, 南美足联, 南美足協, ԿՈՆՄԵԲՈԼ, कोनमेबोल, კონმებოლი, ΚΟΝΜΕΜΠΟΛ, КОНМЕБОЛ, КОНМЕБОЛ, КОНМЕБОЛ, КОНМЕБОЛ, КАНМЕБОЛ, كونميبول, كونميبول, کونمیبول, کونمبول, КОНМЕБОЛ, 南美足協 e কনমেবল
Tipofederación deportiva internacional e organización sen ánimo de lucro
Deportefútbol
Área de operaciónAmérica do Sur
Data de fundación9 de xullo de 1916
Presidente/aAlejandro Domínguez (pt) Traducir (2016-) Editar o valor em Wikidata
Nº de membros10 (2019) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizFIFA
Organización subsidiariaAsociación do Fútbol Arxentino, Federación Boliviana de Fútbol, Confederación Brasileira de Fútbol, Federación de Fútbol de Chile, Federación Colombiana de Fútbol, Federación Ecuatoriana de Fútbol, Federación Peruana de Fútbol, Asociación Paraguaia de Fútbol, Federación Venezolana de Fútbol e Asociación Uruguaia de Fútbol
SedeLuque
PaísParaguai
Na rede
https://www.conmebol.com/
Facebook: CONMEBOL Twitter: CONMEBOL Instagram: conmebol Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Confederación Suramericana de Fútbol, en portugués Confederação Sul-Americana de Futebol, ou coñecida tamén cos acrónimos CONMEBOL ou CSF, é a confederación de asociacións nacionais de fútbol de América do Sur e unha das seis de carácter continental que compoñen a FIFA.

A CONMEBOL foi fundada en 1916 por iniciativa do uruguaio Héctor Rivadavia Gómez e composta nun primeiro momento polas asociacións nacionais da Arxentina, Chile, o Uruguai e o Brasil. Posteriormente fóronse unindo as restantes federacións até sumar as dez actuais, que fan desta confederación a máis pequena da FIFA por número de integrantes. Paraguai uniuse en 1921, Perú en 1925, Bolivia en 1926, Ecuador en 1927, Colombia en 1936 e por último Venezuela en 1952. Ademais, aínda que a Güiana, o Suriname e a Güiana francesa pertenzan ao continente suramericano, debido a razóns históricas, culturais e deportivas decidiron unirse á CONCACAF.

Xunto coa UEFA, a CONMEBOL é unha das confederacións dominantes na FIFA, tendo gañado nove dos dezaoito Mundiais de Fútbol da FIFA, a pesar de só ter organizado catro. Así mesmo é a única Confederación que foi quen de gañar un Mundial fóra do seu propio continente (de feito, fíxoo en todos os continentes nos que se leva disputado). Dentro da CONMEBOL destacan dúas seleccións por enriba das demais, son o Brasil, que é a selección que conta cun maior número de títulos mundiais, e a Arxentina. Estas dúas seleccións, ademais de acaparar títulos mundiais (cinco e dous respectivamente) e continentais (oito e catorce respectivamente), permanecen ano tras ano nos postos de cabeza da clasificacións elaboradas pola FIFA e os seus clubs acaparan éxitos a nivel continental e global. Outra selección que tamén ten destacado é a do Uruguai, sobre todo nos seus inicios con dous títulos e dous cuartos postos en mundiais, e catorce títulos da Copa América. A nivel de clubs a Confederación tamén obtivo éxitos importantes acadando un total de vinte e dúas Copas Intercontinentais.

A Confederación organiza diferentes torneos entre os que destacan a nivel de clubs a Copa Libertadores (análoga á Copa de Europa da UEFA) e a Copa Suramericana (semellante á [Copa da UEFA]), ademais da Copa América a nivel de seleccións nacionais.

Historia[editar | editar a fonte]

Coincidindo co Centenario da Independencia da república Arxentina en 1916, o Ministerio de Relacións Exteriores dese país doou un trofeo e convidou ás Federacións do Brasil, Chile e o Uruguai para disputar un campionato de fútbol como parte das celebracións. Aínda que neste ano non estaba en xogo o Trofeo Copa América, que se instituirá no ano seguinte, este torneo está considerado como a primeira Copa América da historia.

O torneo tivo un grande éxito e durante a súa disputa o dirixente uruguaio Héctor Rivadavia Gómez viu o contexto ideal para materializar un vello proxecto persoal: o de crear a Confederación Suramericana de Fútbol. É así como na data exacta do centenario da Independencia da Arxentina, o 9 de xullo de 1916, os dirixentes da Arxentina, o Brasil, Chile e o Uruguai se reuniron en Buenos Aires para estudar a idea de integración de Rivadavia Gómez, que finalmente sería aprobada en referendo polas respectivas asociacións nacionais. O 15 de decembro dese mesmo ano celebrouse o Congreso Constitucional en Montevideo, no que se ratificou todo o acordado. Posteriormente uniuse Paraguai en 1921, Perú en 1925, Bolivia en 1926, Ecuador en 1927, Colombia en 1936 e por último Venezuela en 1952.

No Congreso de 1990 incluíuse nos estatutos unha modificación pola cal se establece como sede permanente da institución a cidade de Asunción, capital de Paraguai. O 23 de xaneiro de 1998 inaugurouse o impoñente edificio que acolle a nova sede, localizada no distrito de Luque, Gran Asunción.

Membros asociados[editar | editar a fonte]

País Federación Fundación Ingreso Selecciones
Arxentina Asociación del Fútbol Argentino (AFA) 1893 1916 * masculina
feminina
Bolivia Federación Boliviana de Fútbol (FBF) 1925 1926 masculina
feminina
Brasil Confederação Brasileira de Futebol (CBF) 1914 1916 * masculina
feminina
Chile Federación de Fútbol de Chile (FFCh) 1895 1916 * masculina
feminina
Colombia Federación Colombiana de Fútbol (FCF) 1924 1936 masculina
feminina
Ecuador Federación Ecuatoriana de Fútbol (FEF) 1925 1925 masculina
feminina
Paraguai Asociación Paraguaya de Fútbol (APF) 1906 1921 masculina
feminina
Perú Federación Peruana de Fútbol (FPF) 1922 1925 masculina
feminina
Uruguai Asociación Uruguaya de Fútbol (AUF) 1899 1916 * masculina
feminina
Venezuela Federación Venezolana de Fútbol (FVF) 1926 1952 masculina
feminina
  • *Son cofundadoras da Conmebol

Presidentes da CONMEBOL[editar | editar a fonte]

Sede da CONMEBOL en Luque, Paraguai
Nome Nacionalidade Período
1. Héctor Rivadavia Gómez Uruguai 1916–1936
2. Luis O. Salesi Arxentina 1936–1939
3. Luis Valenzuela Hermosilla Chile 1939–1955
4. Carlos Dittborn Pinto Brasil - Chile 1955–1957
5. José Ramos de Freitas Brasil 1957–1959
6. Fermín Sorhueta Uruguai 1959–1961
7. Raúl H. Colombo Arxentina 1961–1966
8. Teófilo Salinas Fuller Perú 1966–1986
9. Nicolás Leoz Paraguai- Colombia 1986–presente

Torneos organizados pola CONMEBOL[editar | editar a fonte]

De seleccións[editar | editar a fonte]

De clubs[editar | editar a fonte]

Clasificación Mundial da FIFA[editar | editar a fonte]

Clasificación masculina[editar | editar a fonte]

A Clasificación mundial da FIFA dos equipos suramericanos do último mes de xuño de 2009 amosa as seguintes posicións:

Posto Clasificación FIFA País Troco
Brasil (Baixou 1 posto)
Arxentina (Baixou 1 posto)
13º Paraguai (Subiu 4 postos)
17º Uruguai (Baixou 1 posto)
37º Chile (Baixou 11 postos)
44º Ecuador (Baixou 2 postos)
45º Colombia (Baixou 1 posto)
56º Venezuela (Igual)
58º Bolivia (Igual)
89º Perú (Baixou 2 postos)

Nota: A próxima actualización da Clasificación mundial da FIFA dos equipos masculinos publicarase o vindeiro 1 de xullo de 2009.

Clasificación feminina[editar | editar a fonte]

A Clasificación mundial da FIFA dos equipos femininos suramericanos do 19 de decembro de 2008 amosa as seguintes posicións.

Posto Clasificación FIFA País Troco
Brasil (Subiu un posto)
28º Arxentina (Igual)
Perú (Igual)**
Colombia (Igual)**
Chile (Igual)**
Ecuador (Igual)**
Uruguai (Igual)**
Paraguai (Igual)**
Venezuela (Igual)**
Bolivia (Igual)**

Nota: A próxima actualización da Clasificación mundial da FIFA dos equipos femeninos publicarase o próximo 26 de xuño de 2009.

  • **Seleccións sen clasificación oficial por estaren inactivas máis de 18 meses.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Clasificación FIFA de seleccións femininas". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligacións externas[editar | editar a fonte]