Comportamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Conduta")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Diferentes comportamentos animais.

A verba comportamento refírese de xeito xeral ás accións dun obxecto ou organismo, usualmente en relación co seu contorno ou mundo de estímulos. O comportamento pode ser consciente ou inconsciente, público ou oculto, voluntario ou involuntario.

Tecnicamente, en psicoloxía, o comportamento defínese de dous xeitos:

  1. Todo o que un organismo fai.
  2. Calquera interacción entre un organismo e o seu ambiente.

O comportamento na xente (e outros organismos e aínda mecanismos) cae dentro dun rango, sendo algúns comportamentos comúns, algúns inusuais, algúns aceptados, e outros fora dos límites aceptados. A aceptación dun comportamento é avaliada polas normas sociais e regulada por varios medios de control social. O comportamento da xente é estudado por varias disciplinas, incluíndo a psicoloxía, a socioloxía e a antropoloxía no caso do comportamento humano, e a etoloxía en relación ó enteiro reino animal.

Na fala común, non así no discurso científico, ten unha connotación definitoria. Unha persoa ou un grupo social (como suma de persoas) son definidos e clasificados polos seus comportamentos, pode que máis ca polas súas ideas, e isto serve para fixar expectativas: "o que se pode esperar".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]