Condado de San Mateo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de San Mateo no estado de California

O condado de San Mateo (en inglés San Mateo County) é un condado situado na área da baía de San Francisco no estado de California. Cubre a meirande parte da península de San Francisco, xusto ao sur da cidade de San Francisco e ao norte do condado de Santa Clara. O aeroporto internacional de San Francisco está situado no límite norte do condado, e Silicon Valley comeza no límite sur. No ano 2010 tiña unha poboación de 718.451 habitantes. A súa capital é Redwood City. É un condado fortemente demócrata, etnicamente diverso e adiñeirado. As súas zonas urbanizadas son principalmente suburbanas, con algunhas áreas moi urbanizadas, e é fogar de varias sedes corporativas.