Condado de Mayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de Mayo
Contae Mhaigh Eo
Mayo col.png
Mayococologo.png
Bandeira Escudo
Mapa
IrelandMayo.png
Información
País Flag of Ireland.svg República de Irlanda
Provincia Flag of connacht.png Connacht
Capital Coat of arms of Castlebar.png Castlebar
Superficie 5.397 km2
Poboación 117.428 (2002)
ISO 3166-2 MO
mayococo.ie

O Condado de Mayo (en irlandés: Contae Maigh Eo) é un condado na costa oeste de Irlanda. Atópase na provincia de Connacht e a súa capital é Castlebar. No 2009 conta cunha poboación estimada en 126.000 persoas espalladas por 5.397 km². A illa máis grande de Irlanda, Achill (Acaill en irlandés) localízase na súa costa oeste. O punto máis alto de Mayo, e tamén de Connacht, é Mweelrea, con 814 m sobre o nivel do mar. O río máis coñecido do condado é Moy, no nordeste.

Cantís na costa do Condado de Mayo, preto de Ballycastle

O condado está situado na costa oeste de Irlanda, e limita, ao sur co condado de Galway, ao leste con Roscommon, e ao nordeste con Sligo. Castlebar e Ballina son os pobos que albergan maior poboación, con 10,729 e 10,146 habitantes respectivamente no 2006, tendo Ballina maior área territorial. Os seguintes pobos segundo o número de habitantes son Westport, con 5,140 residentes e Claremorris, con 3,170 habitantes. Outras poboacións: Ballinrobe, Ballyhaunis, Belmullet, Swinford.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Mayo