Condado dos Ánxeles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Condado de Los Angeles")
Localización do condado dos Ánxeles.

O condado dos Ánxeles é un condado dos Estados Unidos de América, pertencente ó estado de California. A súa capital, da que toma o nome, é a cidade dos Ánxeles. Conta con 12.308 km² de superficie e a súa poboación é de 10.179.716 habitantes (2004), o máis poboado do seu estado e de todo o país.