Condado de Derry
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Condado de Londonderry")
|
|||||
| Mapa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Información | |||||
| País | |||||
| Provincia | Ulster | ||||
| Capital | Derry | ||||
| Superficie | 2.074 km2 | ||||
| Poboación | 213.000 (2002) | ||||
| Código | |||||
O Condado de Londonderry ou Condado de Derry (Doire, cuxo significado é "carballo" en irlandés) é un dos seis condados de Irlanda do Norte. Leva o nome da súa cidade máis importante. Derry, despois chamada Londonderry polos británicos. O condado ocupa unha superficie de 2.074 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 213.000 habitantes.
O nome está suxeito á disputa política. Os nacionalistas irlandeses prefiren Derry, mentres que os unionistas prefiren Londonderry. Na República de Irlanda é empregado oficialmente o nome Derry, mentres que as autoridades británicas empregan Londonderry.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||||
