Condado de Duchesne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Duchesne dentro de Utah.

Duchesne é un condado do estado de Utah, Estados Unidos. A súa superficie é de 8.433 km², a poboación de 14.371 habitantes (2000)e a súa densidade de poboación é 2 h/km². O condado estableceuse en 1915, a súa capital é Duchesne e a principal vila é Roosevelt, a parte norte do condado está ocupado por unha parte dos Montes Uintah. A maioría da súa poboación é de raza branca, concretamente o 90.15%, o 5.35% é de orixe nativa americana e o 3.53% hispana. Orixinalmente case todo o condado era parte da Reserva India dos Uintah e Ouray establecida en 1860 pero o Congreso dos Estados Unidos reduciu a súa extensión a principio do século XX e hoxe as terras tribais do condado están esgazadas en dúas zonas.

Mapa do condado de Duchesne