Condado de Dublín - Bhaile Átha Cliath
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
| Mapa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Información | |||||
| País | |||||
| Provincia | |||||
| Capital | |||||
| Superficie | 921 km2 | ||||
| Poboación | 1,122,821 (2002) | ||||
| Código | D | ||||
| dra.ie | |||||
O Condado de Dublín (en irlandés: Contae Bhaile Átha Cliath, en inglés: County Dublin) é unha antiga subdivisión administrativa de Irlanda que existiu na provincia de Leinster dende a formación dos condados de Irlanda, pasando polo seu recoñecemento oficial en 1898, ata a súa extinción e o desmembramento do seu territorio polo Dáil Éireann en 1994.
Ademais da cidade de Dublín, que xa tiña status administrativo especial dende 1898 e se lle pode considerar un condado de pleno dereito (county-borough), foron creados tres novos condados para fins administrativos en 1994: Fingal ó norte, Dublin meridional ó sudoeste e Dun Laoghaire-Rathdown ó sudeste.
O condado de Dublín permanece como um condado tradicional, apesar de non posuir funcións administrativas, é xeralmente respetado para outros fins, principalmente culturais e deportivos.
| Condados de Irlanda | |
|
|


