Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Condado de Cork (Contae Chorcaí en gaélico irlandés) é o máis grande dos condados modernos da República de Irlanda. A Cork coñéceselle polo seu alcume de "O condado Rebelde", debido ó apoio que deu a xente do condado en 1491 a Perkin Warbeck, un pretendente ó trono de Inglaterra durante a Guerra das Rosas. Xa en tempos máis modernos, o nome fai referencia o papel tan importante que Cork xogou na Guerra de Independencia de Irlanda (1919-1921) e á súa posición en contra do trato durante a Guerra Civil (1922-1923). As atraccións incluén a Pedra de Blarney (no castelo de Blarney) e Cobh (chamada tamén na época da invasión Queenstown) o porto do que saían case tódolos emigrantes irlandeses camiño a Estados Unidos, Australia, Canadá, Nova Celandia ou Australia, e tamén por ser a derradeira parada en porto do Titanic. A cidade de Cork é a segunda máis grande da República de Irlanda e a capital da provincia de Munster.
A zona máis alonxada e menos habitada é a súa parte oeste (West Cork) e resulta ser un destino preferido polos turistas que gustan de disfrutar das pequenas vilas e illas como Sherkin Islands ou Sheep's Head, o círculo megalítico de Drombeg, ou o punto máis suroeste de Irlanda, Mizen Head. Nos últimos anos o terreo da parte máis oeste do condado está moi demandada internacionalmente, é moitos cidadáns da UE fixaron a súa residenca alí, incluíndo personaxes famosos como Jeremy Irons ou Neil Jordan. West Cork é famosa pola súa natureza abrupta, belas praias e unha atmosfera social tan distinta que a fan a parte máis relaxada do país. Tamén é famosa pola cantidade de artesáns, músicos, poetas e dramaturgos que alí residen.
Localidades [editar]
- Adrigole, Aghabullogue, Aghada, Allihies
- Ballinadee, Ballinascarthy, Ballincollig, Ballineen, Ballinhassig, Ballinlough, Ballinspittle, Ballycotton, Ballydehob, Ballydesmond, Ballygarvan, Ballylickey, Ballyvourney, Baltimore, Bandon, Banteer, Bantry, Barleycove, Blarney, Buttevant
- Carrigaline, Carrigtwohil, Castletownbere, Castletownroche, Castletownshend, Castlemartyr, Charleville, Clonakilty, Cloyne, Coachford, Cobh, Coolea, Cork, Courtmacsherry, Crookhaven, Crossbarry, Crosshaven
- Doneraile, Douglas, Drimoleauge, Drinagh, Dromahane, Dunmanway, Durrus
- Enniskeane
- Fermoy, Fountainstown
- Glandore, Glanmire, Glengarriff, Glounthaune, Goleen, Gougane Barra, Glenbrook, Cork
- Innishannon
- Kanturk, Kealkill, Killavullen, Kilbrittain, Kilcrohane, Killeagh, Kilmeen, Kilmichael, Kinsale, Knocknagree
- Ladysbridge, Leap
- Macroom, Mahón, Mallow, Midleton, Millstreet, Mitchelstown, Mizen Head, Monkstown
- Newcestown, Newmarket, Newtownshandrum
- Oysterhaven
- Passage West
- Ringaskiddy, Rockchapel, Rosscarbery, Rostellan, Rylane
- Saleen, Schull, Shanagarry, Skibbereen
- Timoleague, Tower
- Union Hall
- Whitegate
- Youghal