Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Taxcurgán (en rosa),dentro da Prefectura de Caxgar.
Localización de Taxcurgán (en rosa),dentro da Prefectura de Caxgar.

Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán (sariculés Toshqurghon Tujik Oftunum Noja en IPA2 /tɔʃqyrʁɔn tuʤik ɔftunum nɔja/; uigurتاشقۇرقان تاجىك ئاپتونوم ناھىيىسى/Tashqurqan Tajik Aptonom Nahiyisi/Taxk̡urk̡an Tajik Aptonom Nah̡iyisi,chinés 塔什库尔干塔吉克自治县, pinyin Tǎshìkù'ěrgàn Tǎjíkè zìzhìxiàn; ás veces escrito Taxkorgan, Tashkorgan, Taschkurgan etc., dependendo de que lingua use a fonte) é un dos condados da Prefectura de Caxgar (Kashgar) ao oeste de Xinxiang.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Condado de Taxcurgán sitúase na parte oriental da meseta do Pamir, onde o Cunlún (Kunlun), Kara Kunlun, Hindukux e as montañas de Tian Xan conflúen, facendo fronteira co Afganistán (Corredor do Vaghán (Vaxan), co Taxiquistán (Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso) e a parte paquistaniana da Caxemira. A capital do condado é a Cidade de Taxcurgán.

A extensión territorial do condado é 178 quilómetros do norte ao sur, e 140 quilómetros do leste para o oeste, a área total é aproximadamente 52.400 km², nunha altitude media por riba de 4.000 metros.

Clima[editar | editar a fonte]

A temperatura media é de 3.3 °C, con veráns máximos arredor de 32 °C e invernos con mínimas arredor de -39 °C; precipitacións medias son de 68.3 mm.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación total de Taxcurgán é de 27.800 habitantes, dos cales un 84% son sariculís (tamén chamados taxicos chineses ou taxicos]], pobo pamir, un 4% son han e un 12% doutras etnias. (Datos oficiais de 1995).

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a Dinastía Han, Taxcurgán era coñecida co nome de Pulí (Púlí 蒲犁); durante a Dinastía Tang, foi un protectorado dos Partos, durante a Dinastía Yuan formou parte do Imperio Chaghatai (Ghanato de Chaghatai). O condado Autónomo Taxico de Taxcurgán foi creado en 1954 e forma parte da Prefectura de Caxgar (Kashgar).

Principais Cidades[editar | editar a fonte]

Convencional Sariculés
(in IPA)
Uigur
(K̢ona Yezik̢)
Uigur
(Yengi Yezik̢)
Chinés Pinyin
Taxcurgán tɔʃqyrʁɔn Taxk̢urƣan 塔什库尔干 Tǎshìkù'ěrgàn
ta
Tiznaf tiznef Tiznap 提孜那甫 Tízīnàfǔ
ðavðɔr
waʧa
Baldir baldir
marjɔŋ
Brinsol bryŋsol
Tin tyŋ
quʁuʃluʁ
Mazar mazur muʧaŋ Mazar 麻扎 Mázhā
mulin ʧaŋ

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]