Concurso de comida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Os concursos de comida ou competicións de comida son eventos organizados cuxo obxectivo é que os participantes inxiran grandes cantidades de comida nun determinado intervalo de tempo, normalmente pequeno. O tipo de comida varía, pero os tipos máis habituais son a coñecida como comida rápida e sobremesas. Estes concursos son populares principalmente en Xapón e nos Estados Unidos de América.