Conchíferos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conchifera»)
Non debe confundirse co taxon Conchifera Lamarck, 1818, que é un antigo sinónimo de Bivalvia.
Conchíferos
Conchifera

Vieira

Lura
Lura

Clasificación científica
Superreino: Eukarya
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Mollusca
Subfilo: Conchifera
Gegenbaur, 1878
Ordes
  • Véxase o texto
Cunchas de Pilina unguis (monoplacóforo).
Antalis vulgaris (escafópodo).

O dos conchíferos (Conchifera) é un dos dous subfilos en que tradicionalmente se dividía o filo dos moluscos.[1] O outro é o dos aculíferos (Aplacophora + Polyplacophora).

Son moluscos de formas moi diversas, os máis deles bivalvos. O manto está limitado a unha parte do tronco. Polo xeral, están cubertos total ou parcialmente pola cuncha.[2] Comprende case todos os moluscos (quitando os poliplacóforos e os aplacóforos).[3] Entre eles encóntranse animais tan coñecidos como as ostras, as ameixas, os mexillóns, as vieiras, as lurae, etc.

Até hai uns 200 anos, os conchíferos formaban un grupo de animais distintos dos moluscos, que non incluían nesa época máis que animais de corpo espido, sen concha. Despois de estudos máis completos sobre a súa anatomía, os conchíferos reagrupáronse cos moluscos.

A cuncha está formada por unha capa orgánica e dúas capas calcarias, con superficie e espesor crecentes como nos poliplacóforos.

Características[editar | editar a fonte]

Carecen de cutícula e de espiñas. O dorso está cuberto por unha cuncha ás veces formada por dúas valvas. No hai dous estatocistos innervados polos ganglios crebrais. Na boca obsérvase unha mandíbula superior e unha mandíbla inferior cuticulares. O estómago ten un saco cego ciliado que forma o estilo cristalino, xelatinoso e provisto de enzimas; o seu extremo superior penetra por rotación no lumen intestinal, onde é utilizado.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O subfilo foi descrito en 1878 polo anatomista alemán Karl Gegenbaur, na súa obra Grundriss der vergleichenden Anatomie. Zweite verbesswerte Auflage. Leipzig: W. Engelmann.[1][4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico Conchifera está formado sobre a raíz conchi- do xenitivo da palabra latina concha, -ae, 'cuncha', e o elemento -fera, plural de -ferus, derivado do verbo fero, 'levar'. Literalmente: 'os que teñen cuncha'.[5]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Subfilo Conchifera

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Árbore filoxenética dos moluscos. Obsérvese que case todos os grupos pertencen aos conchíferos.

Mollusca 
 Aculifera 

 Polyplacophora

 Aplacophora 

 Chaetodermomorpha

 Neomeniomorpha

 Conchifera 

 Cephalopoda

 Monoplacophora

 Scaphopoda

 Bivalvia

 Gastropoda

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Conchifera Gegenbaur, 1878 no WoRMS.
  2. Erich Abel & Rupert Riedl (1986): Fauna y flora del mar Mediterráneo: una guía sistemática para biólogos y naturalistas. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 978-84-2820-767-6, páx. 261.
  3. 3,0 3,1 Remane, Adolf, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
  4. Ver o volume en liña.
  5. Webster's Revised Unabridged Dictionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernd Humberg & Matthias Bergbauer (2012): Flora y fauna submarina del mar Mediterráneo. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 978-84-2821-220-5.
  • Klaus-Jürgen Götting (1997): "Conchifera, Schalenweichtiere". En: Westheide, Rieger (ed.): Spezielle Zoologie Teil 1: Einzeller und Wirbellose Tiere. Stuttgart / Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 3-437-20515-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]