Concello da Enfesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello da Enfesta

Localización
Poboación
Número de fogares618 (1842) Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1836 Editar o valor em Wikidata
Disolución29 de decembro de 1962 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata

Igrexa da parroquia da Enfesta.

A Enfesta era un antigo concello de Galiza pertencente a comarca de Compostela. Como moitos outros municipios galegos, creouse en 1836.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O topónimo Enfesta é un orónimo que indica un terreo irregular con bastante pendente.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

O 14 de agosto de 1854, ao principio do Bienio Progresista, o Concello de Enfesta foi suprimido e integrado no de Santiago de Compostela[2]. Foi nomeado no seu lugar un denominado alcalde de parroquia, cuxa responsabilidade abranguía toda a chamada «parroquia de Enfesta». Esta situación debeu durar pouco tempo.

O 29 de decembro de 1962, a entidade municipal foi suprimida e anexionada a Santiago de Compostela, sendo alcalde da capital galega Ángel José Porto Anido. O último rexedor municipal da Enfesta foi Manuel Balado, quen abandonou o cargo unha semana antes da anexión[3].

O concello da Enfesta estaba formado polas parroquias da Barciela, Busto, O Carballal, Cesar, A Enfesta, Fecha, Grixoa, Marantes, Nemenzo, Sabugueira, Santa Cristina de Fecha e Verdía.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo[4]
1842 1857 1860 1877 1887 1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
Poboación de Feito .. 4206 4189 4320 4159 3920 4192 4268 4332 4823 5875 6299 5801 .. .. .. .. ..
Poboación de Dereito 2939 .. .. 4433 4410 4034 4237 4703 4768 5218 6093 6503 6209 .. .. .. .. ..
Fogares 618 815 816 834 980 1033 1004 1048 1080 1343 1096 1414 1032

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para enfesto.
  2. Libro Índice de Consistorios (AHUS, A.M.-483) (en castelán). Santiago de Compostela. 18-9-1837 a 28-12-1868. p. 239v. 
  3. "A fronteira non divide o sentimento", artigo en La Voz de Galicia
  4. "INEbase. Alteraciones de los municipios". ine.es. Consultado o 2021-12-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]